Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA, presente en boa parte dos 12 proxectos elixidos para a fase de formación de Turislab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA, presente en boa parte dos 12 proxectos elixidos para a fase de formación de Turislab

S. P.
Publicado: 07/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240207_seleccionturislab2.jpgA aceleradora de empresas turísticas Turislab vén de seleccionar os 12 proxectos que comezarán a a fase de formación e mentoring este mesmo venres 9 de febreiro. A ducia de propostas elixidas polo comité de selección céntranse (entre outras actividades) en ofrecer propostas de turismo sustentable, achegar solucións de Intelixencia Artificial a pequenas empresas turísticas, promover iniciativas de dinamización económica no rural ou fomentar o turismo responsable. Turislab está liderada pola Xunta, a Cámara de Comercio de Pontevedra Vigo e Vilagarcía de Arousa e a Comunidade Intermunicipal Alto Minho (CIM AM).
Todos os proxectos comezarán a súa formación este venres no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e ata o mes de xullo contarán tamén co mentoring necesario para dar vida ao seu proxecto e facelo realidade. Esta fase desenvolverase durante os meses de febreiro ata xullo, sempre en fins de semana, e ao finalizar celebrarase un Demo Day, que servirá para destacar os gañadores.
O equipo de selección, conformado por 17 profesionais de distintas especialidades, acordou a listaxe definitiva de seleccionados en base á distintos criterios entre os que destacan as posibilidades de escalabilidade e internacionalización nos mercados, a viabilidade do proxecto e o investimento necesario ou os factores de innovación introducidos, entre outros aspectos.
Os seleccionados nesta fase foron Barvantia, que organiza experiencias personalizadas para caravanistas; Byroomnumbers, que ofrece servizos de check-in en liña para hoteis, permitindo personalización de estadías; Ecocabans, unha iniciativa que propón unha experiencia de turismo sustentable en cabanas ecoeficientes; Exylon, que ofrece a pequenas empresas turísticas solucións de Intelixencia Artificial para análise de mercado e optimización de negocios ou Galisacra, que ofrece paquetes wellness personalizados e enfocados no benestar rural e experiencias diferentes no Camiño de Santiago.
Tamén foron elixidos Knowmad, iniciativa que ofrece paquetes de enogastronomía, turismo industrial e termal promovendo experiencias sustentables e valorización do patrimonio local; Kooltural, empresa que conecta público e potenciais visitantes con e organizadores culturais e Mvico, turismo activo en Galicia mediante rutas personalizadas en bicicleta integrando cultura e gastronomía local para unha experiencia cicloturística única e completa.
Do mesmo xeito tamén se seleccionou a Popup Coliving, unha asesoría para nómades dixitais no Camiño de Santiago; o proxecto de aldea rural Ruralife rehabilitando estruturas rurais para aloxamentos turísticos con servizos de coworking e sustentabilidade; así como a plataforma web Troulanda, que incrementa a visibilidade e negocio de operadores turísticos en Galicia e Norte de Portugal e Yglu, un software innovador con Intelixencia Artificial e análise de información a gran escala (Big Data) que ofrece viaxes personalizadas e fomenta o turismo responsable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?