Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea colabora coa AMTEGA na evolución da Plataforma de Competencias Dixitais da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea colabora coa AMTEGA na evolución da Plataforma de Competencias Dixitais da Xunta

S. P.
Publicado: 07/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

plataforma_amtega_competencias_dixitais.jpgA empresa compostelá Balidea encargarase da evolución e mantemento da Plataforma de Competencias Dixitais da Xunta de Galicia. Esta plataforma, composta por varias ferramentas integradas entre si, está orientada a dar soporte ao Marco Galego de Competencias Dixitais e permitirá, entre outras cousas, xestionar o expediente formativo da cidadanía nesta materia. Así o fixo saber a empresa galega, socia tecnolóxica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Segundo engade Balidea, a Plataforma de Competencias Dixitais da Xunta de Galicia construirase como un ecosistema formado por varias ferramentas integradas entre si, orientado a dar soporte a todas as necesidades do dito Marco Galego. A empresa encargarase de definir a plataforma a nivel estratéxico e de establecer como interactuarán cada unha das súas pezas, ademais de ser a responsable de pór en marcha a solución final, na que se identifican 4 ferramentas principais: portal de difusión, plataforma de certificación, plataforma de autoformación e rexistro de certificado.
O portal de difusión exponse como web de cabeceira, desde a cal as persoas usuarias poidan acceder a información dinámica e actualizada (como información de convocatorias abertas), así como ao resto de compoñentes da plataforma de xestión.
Pola súa banda, a plataforma de certificación recolle as funcións necesarias para a convocatoria, realización e avaliación das probas para obter a certificación ComDix.
A plataforma de autoformación funcionará como espazo de formación para o Marco Galego de Competencias Dixitais, no que se poidan adquirir os coñecementos, as habilidades e as actitudes vinculadas á competencia dixital a través da teleformación. Para iso utilizarase PLAFOR, plataforma de autoformación e contidos adoptada como estándar para diferentes organizacións e áreas na Xunta.
Balidea encargarase tamén do desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica que permita xestionar o expediente formativo da cidadanía, posibilitando a tramitación e emisión do certificado ComDix, así como o rexistro das entidades que cooperan na xestión das acreditacións e na formación e avaliación para a súa obtención.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?