Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Paideia organiza en Santiago e na Coruña un curso de balde sobre mercadotecnia dixital e cooperativismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Paideia organiza en Santiago e na Coruña un curso de balde sobre mercadotecnia dixital e cooperativismo

S. P.
Publicado: 08/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

banner_curso_marketing_dixital_aaff-1024x576.jpgA Fundación Paideia organiza esta tempada (entre febreiro e xullo) un curso intensivo e gratuíto sobre Marketing Dixital e Cooperativismo. Celebrarase en dúas edicións, en Santiago e A Coruña, para mozas e mozos de entre 16 e 29 anos. Trátase, en palabras de Paideia, “dunha gran oportunidade de incorporación ao mercado laboral para a nosa xente nova, xa que poderán adquirir todos os coñecementos para crear unha cooperativa de servizos de mercadotecnia dixital, aprender dos/das mellores profesionais e coñecer os casos reais de éxito”.
O programa inclúe tamén unha semana de mobilidade a outra comunidade autónoma con todos os gastos cubertos, e as persoas participantes poderán optar a un premio de ata 60.000€ ao mellor proxecto, co obxectivo de financiar o primeiro ano da posta en marcha do seu proxecto. A actividade formativa incorpora tamén unha bolsa de transporte para financiar o desprazamento das persoas que participen e matrícula e participación totalmente gratuítas.
Os requisitos para participar son estar inscritas/os no Sistema de Garantía Xuvenil. Máis información nos números 981 223 927 – 606 026 202 e en juventud@paideia.es.
As actividades levaranse a cabo en formato presencial.
As persoas participantes poderán optar a un premio de 60.000 euros ao mellor proxecto cooperativista no sector da mercadotecnia dixital.
Abordaranse temáticas como as principais ferramentas tecnolóxicas de negocio, a xestión de redes e de contido, o deseño web, o posicionamento ou as metodoloxías de éxito do modelo cooperativista.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?