Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O GPUL organiza a vindeira semana a II edición do HackUDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O GPUL organiza a vindeira semana a II edición do HackUDC

S. P.
Publicado: 08/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hackudc.jpgA vindeira semana, do 16 ao 18 de febreiro, a Facultade de Informática da Coruña acollerá a segunda edición do HackUDC organizado polo GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux). Está prevista a asistencia de máis de 160 participantes nun encontro no que aplicarán o seu coñecemento para crear novos proxectos innovadores no ámbito do desenvolvemento de software.
Así, ao longo de tres días, os equipos formados por estudantes de toda España darán vida ás súas ideas e proporán novos sistemas e proxectos, sempre baixo unha licenza de software libre, para resolver unha serie de retos. Estes retos serán propostos polas empresas patrocinadoras, que van desde empresas locais ata multinacionais do sector tecnolóxico.
Este ano, o HackUDC conta co patrocinio de empresas de renome a nivel nacional como Relacione, BizAway, Gradiant, Disashop ou Inditex, entre outras, ademais da colaboración da Facultade de Informática da Coruña, a Universidade da Coruña e a Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). A listaxe total de patrocinadores pode consultarse na web do encontro.
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), con 25 anos de traxectoria e máis de 500 membros, é a entidade que se atopa detrás de HackUDC. Dende GPUL queren fomentar o uso e desenvolvemento de software e hardware libre, amais de promover a colaboración dentro da comunidade de desenvolvedores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?