Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Manuel Vila visita o CPI O Cruce para verificar a aplicación do kit didáctico do Día da Muller na Ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Manuel Vila visita o CPI O Cruce para verificar a aplicación do kit didáctico do Día da Muller na Ciencia

S. P.
Publicado: 08/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240208_cpi_o_cruce1.jpgA Xunta dotou os Polos Creativos dos centros educativos cun kit didáctico encadrado no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra este 11 de febreiro. Co fin de verificar a aplicación práctica deste material (e o seu potencial para pór en valor o papel das mulleres relevantes no eido científico e tecnolóxico), o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Educación, Manuel Vila, achegouse este xoves 8 ao Centro Público Integrado CPI O Cruce, de Cerceda, onde salientou a importancia deste tipo de actividades “que, de seguro, axudan a incentivar as vocacións científico-técnicas entre as nenas”.
20240208_cpi_o_cruce3.jpg Neste obxectivo tamén se enmarca a xornada de organizada estes xoves 8 polo colexio de Cerceda, onde os alumnos tiveron un encontro por vídeo-conferencia coa astrofísica Evanthia Hatzminaoglou, que traballa como investigadora no Observatorio Europeo Austral en Múnic (Alemaña).
Canto ao material didáctico enviado aos Polos Creativos, cómpre sinalar que o kit está composto por cinco actividades distintas para uso do alumnado. Trátase dun xogo, un taboleiro clásico en cartón e outro en DM, todos eles con referencia a mulleres relevantes na ciencia, un cubo máxico de 12 astrónomas destacadas e un caleidociclo con catro mulleres representativas no mundo da óptica. Este material está deseñado de xeito que os rapaces teñan que empregar material do Polo Creativo para a súa manipulación e montaxe, como impresoras ou cortadoras, entre outros.
20240208_cpi_o_cruce2.jpgOs Polos Creativos son espazos educativos innovadores postos en marcha no curso 2022/23 en todos os centros de Infantil, Primaria e ESO sostidos con fondos públicos, e que están dotados de equipamento especializado, para fomentar as competencias STEM (siglas ce Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) e as vocacións científico matemáticas entre os máis novos. Neles trabállase a creatividade a través da superación de retos tecnolóxicos e dixitais, a resolución de problemas ou a construción de prototipos, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?