Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os empresarios de Ferrolterra organizan un seminario gratuíto sobre novo prosumer dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os empresarios de Ferrolterra organizan un seminario gratuíto sobre novo prosumer dixital

S. P.
Publicado: 08/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aef_ferrol_ferrolterra_webinar_generacion_digital_pymes.jpgO vindeiro xoves 15 de febreiro a Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF) en colaboración con Galicia Business School organiza un seminario en liña de acceso libre centrado na transformación tecnolóxica das empresas: unha transformación necesaria para seren máis competititivas, visibles e eficientes. O seminario desenvolverase baixo o epígrafe Os 5 retos da experiencia de usuario de novo prosumer dixital.
Será impartido por Pablo Ferreirós director en Innovación e Desenvolvemento en Brain UX. A cita, programada con formato de clase maxistral, será o día 15 en horario de de 13.00 a 14.00 horas. Celebrarase a través da plataforma de presencialidade dixital de Galicia Business School.
Como se indica no seu epígrafe, porá o foco na figura do prosumer dixital, que é un novo tipo de comprador que tamén é consumidor profesional, e que atesoura unha chea de información para as súas decisións de compra (non é un consumidor que se limite a mercar, senón que ademais de adquirir bens, comparte a súa experiencia con outros consumidores e deixa as súas valoracións sobre un produto).
Ao remate da actividade formativa darase a coñecer o programa formativo Xeración Dixital Pemes para pemes e equipos directivos, que comezará a impartirse nas instalacións da AEF a partir do mes de marzo. Trátase dunha formación financiada con Fondos Next Generatión, e impartida por Galicia Business School, destinada ao tecido empresarial de Ferrolterra. O programa, de carácter gratuíto, busca adestrar tecnoloxicamente a directivos e empresarios de pemes, de entre 10 e 249 traballadores, na comarca de Ferrolterra e a provincia da Coruña. En concreto, o obxectivo é preparalos para os desafíos da era dixital e potenciar a competitividade das súas empresas.
Para inscribirse no webinar, é necesario contactar coa AEF, 981 333 305, ou info@empresarios-ferrolterra.org ou tamén a través da web de entidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?