Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 8ª edición de Elas Fan CienTec achegou dúas ducias de obradoiros para facer canteira STEM feminina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A 8ª edición de Elas Fan CienTec achegou dúas ducias de obradoiros para facer canteira STEM feminina

S. P.
Publicado: 09/02/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

elas_fan_cientec_uvigo_cacti.jpgCoa finalidade de fomentar a igualdade na ciencia e na tecnolóxica, dous ámbitos que presentan moi baixa presenza de investigadoras, científicas e tecnólogas, celébrase cada 11 de febreiro en todo o mundo o Día da Muller e a Nena na Ciencia, unha efeméride á que a Universidade de Vigo sumouse con múltiples iniciativas, entre elas, Elas Fan CienTec, que este xoves 8 de febreiro trouxo ao campus máis de 200 mozas de institutos da contorna para coñecer o traballo que realizan científicas e tecnólogas da Universidade de Vigo.
A finalidade era espertar entre as nenas e mozas o interese pola ciencia e a tecnoloxía e xerar vocacións de futuro para así reverter a escasa presenza de mulleres nas carreiras STEM (nas carreiras do eido científico e tecnolóxico da UVigo a presenza feminina apenas supera o 30%; e nalgunhas carreiras non chega ao 10%).
Ao longo da xornada, estas 226 estudantes de institutos de Vigo e Mos participaron en 24 obradoiros que organizaron para elas docentes e investigadoras do CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, na Escola de Enxeñería Industrial, na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e no CACTI, Centro de apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación.
elas_fan_cientec_uvigo_eei2.jpgObradoiros no CINBIO para o IES Castelao
O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo programou sete obradoiros para 47 mozas do IES Castelao que, ao longo da mañá deste xoves 8, puideron achegarse ás distintas liñas de investigación que se desenvolven no centro. Por exemplo, tiveron oportunidade de coñecer un laboratorio de química orgánica con diferentes experimentos, de achegarse ás propiedades dos materiais na escala dos nanómetros e á preparación de nanopartículas de ouro, de facer xogos sobre as enfermidades raras, de sintetizar nanopartículas magnéticas e comprobar as súas propiedades ou de simular a encapsulación de fármacos. Tamén asistiron a obradoiros sobre luminiscencia, polarización da luz, quiralidade o biomimetismo, sobre citometría e sobre neurocircuitos.
Enxeñería Industrial acolleu estudantes do IES Alexandre Bóveda
Outro dos centros que participou en Elas Fan CienTec foi a Escola de Enxeñaría Industrial, onde as súas investigadoras prepararon dous talleres para un grupo de 52 estudantes do IES Alexandre Bóveda. En concreto, estas mozas participaron nun obradoiro de termografía infravermella, no que coñeceron tanto as técnicas de ensaio como as aplicacións desta tecnoloxías na prevención de incendios ou na mellorara da eficiencia enerxética nos fogares. No outro taller, investigadoras da EEI explicáronlles os importantes avances no eido da sanidade a través do deseño e fabricación de implantes e tamén tiveron ocasión de observar como se deseña un prototipo e como se realiza a súa ensamblaxe dentro do conxunto empregando o software de deseño 3D.
Obradoiros en Enxeñaría de Minas e Enerxía para o IES de Mos
A través de xincanas, concursos e actividades manipulativas, 22 mozas do IES de Mos achegáronse ao traballo dos grupos de investigación da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Ao longo da xornada asistiron, por exemplo, a un taller de fabricación de pinturas e a outro de recoñecemento de minerais, e participaron nun concurso grupal, The Wall, para construír o muro máis resistente, formulando para isto, diferentes solucións en cada fase de construción do muro, dende a selección de materiais ata o deseño e disposición dos principais elementos. Finalmente, tamén tivo lugar unha xincana sobre conceptos de combustión, cunha parte inicial sobre os fundamentos deste proceso e outra máis interactiva sobre as súas aplicacións.
elas_fan_cientec_cinbio2.jpg Obradoiros en Enxeñaría de Telecomunicación do IES de Valadares
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación abriu as súas portas a un grupo de 57 alumnas do IES de Valadares para as que deseñaron tres actividades lúdicas e formativas. Por unha banda, o taller Detectives de imaxes permitiulles achegarse ao mundo da análise forense de imaxes, para explorar o funcionamento dalgunhas ferramentas que permiten detectar e manipulacións e xerar as súas propias edicións para poñelas a proba. Por outra banda, tamén aprenderon a programar un xogo con Scratch, definindo unha personaxe, un escenario e un reto. Finalmente asistiron a un taller de introdución á programación web e ao seu funcionamento, no que aprenderon a programar unha páxina web en linguaxe HTML, concretamente un perfil de Instagram dunha científica relevante no ámbito TIC.
O CACTI ábrese ao alumnado do IES Valadares
Outro grupo de 48 alumnas do IES Valadares tivo como destino o Centro de apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI). Alí deseñaron para elas oito obradoiros sobre microscopía electrónica e óptica, sobre separación e identificación de microplásticos en area de praia, sobre a determinación de estruturas químicas ou sobre electroforese de biomoléculas. Tamén participaron no taller titulado CSI Las Vegas? Non!! CSI Superficies.. Encontras o falso? Cazamos ao falsificador! no que empregaron a metroloxía óptica para detectar falsificacións mediante medidas na superficie e noutras actividades sobre técnicas de análise químico das superficies ou sobre microscopía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?