Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mocidade compostelá formarase en mercadotecnia dixital e cooperativismo da man de Paideia e a EOI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mocidade compostelá formarase en mercadotecnia dixital e cooperativismo da man de Paideia e a EOI

S. P.
Publicado: 12/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_cooperativismo_paideia_concello_marketing_dixital.jpgSantiago será unha das catro cidades do Estado que acollan o programa de formación de Marketing Dixital e Cooperativismo organizado pola Fundación Paideia Galiza e a Escuela de Organización Industrial, grazas á colaboración da Concellaría de Promoción Económica. A actividade, dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos e totalmente de balde, desenvolveráse no CERSIA de Santiago ata o mes de xullo. A concelleira María Rozas presentou o programa formativo, nunha rolda de prensa na que a Fundación Paideia estivo representada por Juan Soriano e Fabiola Seoane.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude salientou que “este programa conxuga varias cuestións que son do máximo interese para o departamento: aposta pola mocidade, pola actividade emprendedora, e polo cooperativismo, un modelo produtivo clave para avanzar en termos de progreso económico e social”. María Rozas agradeceu aos organizadores que traian este proxecto a Santiago na súa terceira edición, e mostrouse convencida de que das clases “sairán proxectos que acaben sendo cooperativas e empresas exitosas”.
O programa formativo celebra a súa terceira edición en Santiago, A Coruña, Sevilla e Córdoba. No caso de Compostela, está prevista unha sesión de presentación o próximo día 16 no edificio CERSIA de San Lázaro, mentres que a formación comenzará o 19 no mesmo espazo. No programa poden participar mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, que recibirán máis de 200 horas de formación presencial, en horario de 10.00 a 14.00 horas, ata o mes de xullo. Ademais, o alumnado participante viaxará unha semana a Andalucía, para coñecer o tecido empresarial da mercadotecnia dixital.
Durante a formación, o alumnado traballará en diferentes proxectos de emprendemento, que presentarán nun evento final, o Demoday, que será tamén o marco no que aqueles proxectos que queiran poidan presentarse a un concurso promovido pola Fundación Paideia Galiza e a Deputación da Coruña. O gañador recibirá un premio de ata 60.000 euros para financiar a posta en marcha do seu primeiro ano de actividade.
No curso, o alumnado recibirá formación sobre mercadotecnia ixital e comunicación, atendendo a cuestións como a xestión de redes sociais, a creación de campañas de publicidade, branding e posicionamiento, deseño de web ou analítica. Tamén haberá módulos sobre ferramentas de negocio e emprendemento e cooperativismo, incluída a planificación financeira e a administración e xestión de proxectos.
O programa é de balde, e as inscricións seguen abertas. Poden realizarse a través do correo electrónico juventud@paideia.es, no teléfono 981 223 927; ou a través de Whatsapp no 606 026 202. Pódese atopar toda a información do programa na web www.paideia.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?