Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITEEC celebra o 11F cunha visita guiada e unha xornada contra a fenda de xénero STEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITEEC celebra o 11F cunha visita guiada e unha xornada contra a fenda de xénero STEM

S. P.
Publicado: 12/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citeec.jpgNo marco da celebración do Día Internacional do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia deste 11 de febreiro, o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña organiza esta semana dous eventos cos que fomentar as vocacións STEM entre as mozas da nosa terra e reivindicar as contribucións femininas aos ámbitos científico e tecnolóxico.
No primeiro dos eventos, previsto para este xoves día 15 a partir das 12:30 horas, o CITEEC convida ao colectivo de Mulleres STEM polo Ben Común, promovido pola Asociación Enxeñería Sen Fronteiras, e a un grupo de estudantes de STEMBach, o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, a unha visita ao centro de investigación e un posterior encontro de confraternización, para que coñezan de primeira man os proxectos e actividades que se están a levar a cabo.
Ao día seguinte, 16 de febreiro, o CITEEC celebra unha nova xornada dos seus InterLabs, encontros nos que varias persoas, nas etapas iniciais da súa carreira investigadora, expoñen brevemente o seu traballo en diferentes eidos relacionados coas áreas extratéxicas da axenda científica do centro, fomentando así o coñecemento entre os diferentes grupos e o xurdimento de posibles liñas de investigación interdisciplinares. O evento dará comezo ás 12:00 horas na sala de visualización e contará coa docente Virginia Mato Abad como madriña, que ofrecerá un relatorio baixo o título Abordando a brecha de xénero nas carreiras tecnolóxicas.
Virginia Mato é profesora da Facultade de Enxeñaría Informática da UDC, investigadora do Grupo Laboratorio de Enxeñaría do Software (ISLA) e directora da Cátedra Aldaba WIB (mulleres, TIC e empresa), creada no 2019 pola empresa ALDABA, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.
A continuación celebrarase unha quenda de presentación de proxectos por parte de diversas estudantes, doutorandas e postdoutorandas adscritas ao CITEEC, as cales exporán de xeito breve os proxectos nos que están traballando e darán resposta ás inquedanzas do público asistente.
As investigadoras participantes son:
• Blanca Fernández Amado, estudante de proxecto técnico no Grupo de Métodos Numéricos da Enxeñaría (GMNI)
• Angélica Goya Heredia, doutoranda en Enxeñaría Civil do Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA)
• Noelia Fernández Rodríguez, doutoranda en Enxeñaría Civil no Grupo de Métodos Numéricos da Enxeñaría (GMNI)
• Lucía Valeiro Mata, doutoranda en Enxeñaría Covil no Grupo de Ferrocarrís e Transportes (Ferrotrans)
Este último evento ten carácter gratuíto e conta con acceso libre ata completar aforo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?