Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 21 días co galego e + pecha a súa VI edición con récord de participación e de actividade en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

21 días co galego e + pecha a súa VI edición con récord de participación e de actividade en liña

S. P.
Publicado: 13/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

teo_20240208-21-dias_3_.jpgO CEIP de Ramallosa (Teo) acolleu a semana pasada a clausura do programa autonómico de dinamización lingüística 21 días co galego e +, que nesta VI edición, centrada por primeira vez en exclusiva nas etapas de Infantil e Primaria, volveu bater récord de participación con 4.587 persoas voluntarias implicadas pertencentes a 10 centros educativos das catro provincias. A iniciativa veu da man da Secretaría Xeral de Política Lingüísica, que amplificou a iniciativa 21 días co galego posta en marcha no IES da Pobra do Caramiñal pola docente Pilar Ponte. Na clausura estivo presente o secretario xeral Valentín García.
García agradeceu “o gran traballo realizado por todos os centros participantes, que se involucraron con moito cariño ao tratarse dunha edición especial, xa que por primeira vez achegamos esta iniciativa ás primeiras etapas educativas”. Ademais, respecto ao impacto do programa nas redes, destacou que “non so é a edición máis numerosa en participación, senón tamén a que mellor acollida está a ter, o cal revela o interese xerado polo traballo fóra da contorna escolar”.
Na cita, que estivo amenizada con varias actuacións musicais dos Gaiteiros Ramalloseir@s e Ukeband e da banda A Gramola Gominola, tamén participaron a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz; Xesús Ferro, membro numerario da Real Academia Galega; Rafael Vilar, director do CEIP Plurilingüe da Ramallosa, e Óscar Suárez, coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. Ademais, os restantes nove centros adscritos ao programa realizaron cadanseu acto de clausura ao longo da mesma xornada.
Como broche de ouro da edición, o vindeiro 21 de febreiro, Día da Lingua Materna, celebrarase o II Encontro 21 días co galego e +, unha xornada de fraternidade que xuntará todos os centros participantes na Cidade da Cultura para intercambiar experiencias.
Impacto nas redes sociais
teo_20240208-21-dias_8_.jpg Baixo o lema Medrando en galego, que incide na idea de que o alumnado coñeza a lingua propia desde o berce, a cativada de Infantil e Primaria, así como os seus profesores, optan por falar en galego as 24 horas do día entre o 17 de xaneiro e o 6 de febreiro, tanto dentro como fóra do centro.
En palabras da Secretaría Xeral, da aposta polo galego quedou constancia tamén no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se compartiron as creacións dos centros participantes, así como tamén nas contas de Facebook, TikTok, Instagram e Twitter, que “un ano máis gozaron de grande alcance tendo en conta que se trata dunha actividade educativa restrinxida a un número limitado de centros e que só dura 21 días, 126 en total ao acumular as seis edicións”.
A Secretaría Xeral engadiu no seu balance que a canle de Youtube, que suma xa máis de 450 vídeos publicados ao longo destes anos, acumula máis de 111.831 reproducións cun total de máis de 3.890 horas de visualización e 249 contas subscritoras. Ademais, o departamento que dirixe Valentín Gacía salienta que “compre ter en conta que todo o alumnado participante se conecta colectivamente na súa aula a través dunha única conexión, de maneira que o número de visualizacións non reflicte o número de persoas que ve cada día o vídeo, que é moito maior”.
Os datos tamén destacan a consolidación da conta de TikTok do programa (@21dcgemais), que xa suma 204 seguidores, 19.2000 espectadores únicos e 27.200 visualizacións no que levamos de edición.
Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inicialmente o desenvolveu en catro centros educativos, un por cada unha das provincias galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?