Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Hub Audiovisual galego acadou un impacto económico de máis de 32 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Hub Audiovisual galego acadou un impacto económico de máis de 32 millóns de euros

S. P.
Publicado: 13/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

hub_audiovisual_galego.jpgO Hub Audiovisual – Industria Cultural Galega supuxo un incremento da produción cultural galega en máis de 32 millóns de euros, contribuíu á materialización de 109 proxectos de distintas naturezas e disciplinas artísticas e acadou a creación de 777 postos de traballo anuais equivalentes a tempo completo. Así se reflicte no informe de resultados económicos presentado este martes 13 polo grupo investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que levou a cabo o estudo.
Á presentación, celebrada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, asistiron o secretario xeral da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Manuel Vila e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil.
O informe, levado a cabo polo grupo Posmark (Persoas, Organizacións Sostibles e Márketing) da USC, que integran María Bastida, Miguel Á. Vázquez Taín e Marisa del Río, reflicte que o Hub propiciou a mobilización de 28,5 millóns de euros en dous ámbitos de actuación principais polo seu maior potencial tractor: o audiovisual e a música. Engadiuse tamén un eido transversal, destinado á adquisición de activos e materiais tecnolóxicos por parte de empresas e entidades culturais.
Presentados 249 proxectos de 90 entidades
Foron 90 entidades diferentes as que resultaron adxudicatarias dalgunha das subvencións mobilizadas, ás que se presentaron 249 proxectos, dos que 121 foron beneficiarios e 109 os finalmente desenvolvidos. O Hub tamén implicou a licitación da iniciativa Galicia Film Commission, que inclúe unha plataforma tecnolóxica e a dixitalización de obras do patrimonio audiovisual galego do arquivo da Filmoteca de Galicia.
Así, na listaxe de proxectos financiados cóntanse nove rodaxes: tres longametraxes (13 exorcismos, Amigos hasta la muerte e Tratamos demasiado bien a las mujeres), cinco series de ficción (Hasta el cielo, Os argonautas e a moeda de ouro, Operación Marea Negra II, Rapa I, Rapa II e Los enviados) presentadas por seis produtoras galegas. Tamén se contribuíu á preprodución de 64 obras audiovisuais a cargo de 25 entidades beneficiarias: foron en concreto 16 proxectos individuais, 13 paquetes de propostas con 48 obras, 49 longametraxes e 15 series de ficción ou documentais (seis dos 64 títulos foron de animación).
No informe o grupo da USC destaca especialmente as cifras derivadas das súas convocatorias para a atracción de rodaxes ao territorio galego, xa que cun investimento de 2,7 millóns de euros acadouse un impacto superior aos 22 millóns.
Ademais, como parte do sector audiovisual, “fomentouse a actividade de exhibición cinematográfica de sete entidades e cines, con atención especial á promoción de novos públicos, e desenvolvéronse dous videoxogos educativos e de lecer de produción galega”, sinálase no informe, no que tamén se pon o foco no ámbito musical, no que o Hub facilitou a organización de máis de 500 concertos e outras producións musicais. Os 157 concertos que acolleron 11 espazos da Rede Galega de Música ao Vivo, a produción de tres discos, nove sinxelos, 24 clips e máis de 360 actuacións adicionais incidiron na actividade de 50 grupos e artistas de 21 promotoras e empresas distintas.
No informe explícase tamén que as empresas e entidades culturais galegas tiveron no Hub da Xunta “un medio para se capitalizar tecnoloxicamente a través do desenvolvemento de seis aplicacións informáticas para a xestión cultural e da adquisición de equipamentos técnicos e dotación de activos cos que se modernizaron 33 escenarios e infraestruturas”.
No que respecta ao impacto económico global, o informe revela que a taxa de retorno sobre as axudas foi do 119,11 %, do que o 21,82 lle corresponde á Administración galega, o que supón a recuperación duns catro euros por cada euro investido.
O Hub Audiovisual – Industria Cultural Galega contou co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do eixo REACT-UE do programa operativo FEDER 2014-2020 como parte da resposta europea á pandemia da COVID-19.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?