Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole mostrará ante as mozas as posibilidades profesionais da IA, a 5G ou a computación cuántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole mostrará ante as mozas as posibilidades profesionais da IA, a 5G ou a computación cuántica

S. P.
Publicado: 14/02/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ciencia_e_tecnoloxia_en_femenino_tecnopole_rapazas1.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) participa no proxecto estatal Ciencia e Tecnoloxía en feminino, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), na que está integrado. O obxectivo desta iniciativa é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Secundaria e opten posteriormente por carreiras STEM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas), debido a que “a súa participación nestas materias segue a ser baixa”, informa a Tecnópole.
No marco deste proxecto, que cumpre a súa sexta edición,, e coincidindo coas actividades do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (o pasado 11 de febreiro), a Tecnópole vai celebrar dúas xornadas, a primeira mañá xoves, 15 de febreiro, e a segunda o vindeiro luns día 19.
As alumnas participarán en obradoiros que lles achegarán a ciencia e a tecnoloxía de xeito práctico e divertido, contribuíndo a derrubar falsos estereotipos sobre actividades que tradicionalmente foron adscritas ao público masculino. Os talleres impartiraos Patricia Barciela, directora da Domus – Museos Científicos Coruñeses.
Os talleres centraranse na nutrición en relación aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU, de cara a poñer fin á fame e á malnutrición. Abordaranse temas que van desde a fame cero e o fin da pobreza ata a educación neste eido para lograr un planeta máis respectuoso co medio natural. Así, a rapazada aprenderá a identificar os grans dos cereais máis consumidos no mundo (trigo, avea, millo, espelta, arroz, paínzo, cebada e centeo), ao tempo que valorarán a importancia de consumir froitas e verduras. Tamén se converterán en cociñeiros e cociñeiras, experimentando coa gastronomía molecular, que estuda os cambios físicos e químicos que sofren os alimentos ao cociñalos; partindo do feito de que certos ingredientes producen determinadas reaccións, elaborarán falso caviar con alginato de sodio.
ciencia_e_tecnoloxia_en_femenino_tecnopole_rapazas4.jpg Nestas xornadas convidarase a mulleres que traballan no eido da ciencia e a tecnoloxía, que relatarán a súa experiencia persoal, explicando por que decidiron elixir unha carreira STEM e cal foi a súa aplicación no mercado laboral. A finalidade é que o alumnado teña a oportunidade de descubrir as novas posibilidades que lles poden abrir estas disciplinas.
As profesionais que intervirán son Marta Otero, doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago, que traballa como técnica de I+D no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, situado en Tecnópole; e Esther Merlo, enxeñeira de Montes, con dúas décadas de experiencia laboral no eido da investigación científica e a innovación tecnolóxica no sector forestal e da madeira, fundadora e tamén directora e responsable do Departamento de Innovación Tecnolóxica da empresa Madera Plus Calidad Forestal.
Aos rapaces e rapazas presentaránselles algunhas problemáticas existentes no Parque relacionadas cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable que expón a Axenda 2030 de Nacións Unidas. Son retos vencellados coa saúde e o benestar, a igualdade de xénero, a enerxía accesible e non contaminante, o traballo decente e crecemento económico, a acción polo clima… “A finalidade é que poidan deseñar un proxecto que sirva como solución a un problema concreto”, explican dende a Tecnópole, engadindo que “unha vez rematada a xornada, o alumnado traballará por grupos nos seus respectivos centros e enviarán a súa proposta en formato vídeo a Tecnópole, de xeito que a solución elixida participará nun concurso nacional que se celebrará en Madrid no mes de abril”.
Os participantes nesta edición de Ciencia e Tecnoloxía en feminino recibirán dúas guías. Por unha banda, a guía Que quero ser de maior?, na que se recollen as saídas profesionais de diversas carreiras científicas e tecnolóxicas, o tipo de labor que se desempeña en cada unha destas profesións, así como a súa utilidade na sociedade actual. Pola súa parte, a guía Que son as tecnoloxías disruptivas? busca visibilizar algunhas das novas tecnoloxías que xa están a revolucionar o mundo, como a cadea de bloques (blockchain), a análise da información a gran escala (Big Data), a Intelixencia Artificial, a 5G, a ciberseguridade, a computación cuántica.
Mulleres referentes para as novas xeracións
O alumnado poderá visitar a exposición Mulleres que cambiaron o mundo, protagonizada por mulleres relevantes no eido da ciencia e a tecnoloxía que deixaron a súa pegada ao longo da historia; e a mostra Mulleres que cambian o mundo, na que se destacan a aquelas profesionais do ámbito do Parque Tecnolóxico de Galicia que na actualidade están a desenvolver un importante labor nestes eidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?