Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os fundamentos de desenvolvemento áxil con SAFe centran un novo curso de Vitae
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os fundamentos de desenvolvemento áxil con SAFe centran un novo curso de Vitae

S. P.
Publicado: 14/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fundamentos_agility_safe_vitae.jpgA consultora galega Vitae tennos deparado para o mes de marzo un novo curso sobre metodoloxías áxiles de traballo. Trátase do curso Escalado Agile: Fundamentos Agility con SAFe, de 15 horas de duración. Celebrarase os días 11, 13, 14, 18 e 21 de marzo de 2024. O curso inclúe recursos para adaptarnos aos cambios e actualizacións da contorna empresarial e tecnolóxica actual, un contexto no que as organizacións tentan aplicar as súas estratexias para manter ou aumentar a súa competitividade a través de iniciativas de negocio e o desenvolvemento de produtos e servizos diferenciais.
“Esta continua evolución dos mercados e a incerteza asociada ao cambio”, sinalan fontes de Vitae, “esixe unha gran capacidade de adaptación á demanda do cliente, e neste escenario, precisamente, faise precisa unha evolución cara á axilidade empresarial (Business Agility) entendida como a capacidade e a vontade dunha organización para adaptarse, crear e aproveitar o cambio en beneficio dos seus clientes respondendo rapidamente a unha oportunidade de negocio”.
O curso porá o foco en tres cuestións principais: a capacidade de adaptación flexible e rápida (Business Agility é a capacidade de adaptarnos conscientemente); un estado continuo que ten un inicio, pero non un fin (non é un obxectivo estático ou unha meta); e os valores e principios de Agile como fundamentos e inspiración.
fundamentos_agility_escaling_safe_vitae.jpgVitae explica que existen diferentes modelos de Business Agility, e o máis estendido e posto en práctica a nivel mundial é SAFe: Scaled Agile Framework, cuxa versión máis recente é a 6.0, que se presenta como unha base de coñecemento de principios, prácticas e competencias integradas probadas para lograr a axilidade empresarial utilizando Lean, Agile e DevOps. Está construído ao redor das sete competencias básicas da axilidade empresarial que son fundamentais para lograr e manter unha vantaxe competitiva nunha contorna cada vez máis dixital: liderado Lean-Agile, axilidade do equipo e técnica, entrega áxil de produtos, entrega de solucións empresariais, xestión do portafolio Lean, axilidade organizacional e cultura de aprendizaxe continua.
O curso será impartido por Javier Álvarez, licenciado en Ciencias Físicas con estudos doutorais en Astrofísica. Javier é agile coach e trainer con máis de 20 anos de experiencia en consultoría tecnolóxica e, actualmente, é experto en axilidade e transformación empresarial. Desempeñou roles de project manager e arquitecto de solucións en consultoría e integración de aplicacións, especializándose no desenvolvemento de solucións empresariais con tecnoloxía Microsoft, integración de aplicacións e mobilidade.
A partir de 2013, Javier penetrouse no ámbito da axilidade e a transformación áxil para a posta en marcha e acompañamento en diferentes métodos e prácticas áxiles: Scrum e Agile Product Management, Kanban, Scrumban, Historias de usuario e BDD, escalado áxil con Scrum de Scrums e SAFe, Management 3.0…
Entre as empresas e organismos que asesorou ou formou en temas de axilidade atópanse BNP Paribas, Santander Banca Privada, Fundación Microfinanzas BBVA, Bankia, IBM, Nokia Tecss, Mapfre, Mutua Madrileña, DKV, El Corte Inglés, UNIR, Fundación Biodiversidade, Tragsatect, RENFE, SEGITTUR e FNMT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?