Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN e IGAPE achegan unha liña de axudas que apoia proxectos de I+D e investimento produtivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN e IGAPE achegan unha liña de axudas que apoia proxectos de I+D e investimento produtivo

S. P.
Publicado: 14/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240214misionsris3_1.jpgA sede en Santiago da Axencia Galega de Innovación (GAIN) acolleu este mércores 14 unha xornada de presentación da nova liña de axudas Misións RIS3. Na xornada informativa, na que interviñeron a directora da axencia, Patricia Argerey, e a directora do IGAPE, Covadonga Toca, presentáronse as características desta nova liña de apoios conxunta das dúas entidades autonómicas, resolvéronse as dúbidas, expuxéronse dous casos de éxito de innovación en colaboración e puxéronse a disposición dos asistentes varios espazos para favorecer o networking.
Argerey salientou que a a través desta convocatoria dotada con 15 millóns de euros, perséguese apoiar por primeira vez proxectos que xuntan I+D, innovación e investimento produtivo transformadores e de impacto que contribúan ás misións de especialización intelixente. “Estas misións que constitúen un elemento innovador da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 21-27 (RIS3)”, dixo, “son metas concretas nun prazo de tempo determinado”.
Tamén dixo que para identificar as misións que se persegue acadar a través destes grandes proxectos realizouse un proceso participativo no que se recibiron máis de 500 achegas.
Pola súa banda, Covadonga Toca apuntou que desde o Igape financiarASE o investimento produtivo destas misións, completando un “círculo virtuoso” que permitirá chegar da innovación ao mercado. Neste contexto, engadiu, “refórzase a política de fomento do financiamento da innovación pondo en relación o acceso aos recursos financeiros para innovar e a dimensión da empresa; facilitando o financiamento da innovación empresarial para as empresas galegas; e recollendo unhas medidas cuxa posta en marcha garante o éxito dos proxectos, consolidando as fortalezas do financiamento como elemento impulsor da innovación en Galicia”.
Características dos proxectos
Os proxectos que se apoiarán teñen que ser en cooperación a través de consorcios formados por polo menos 3 empresas (1 tractora e 2 pemes) e calquera outro tipo de beneficiarios: centros tecnolóxicos e de apoio á innovación; universidades, organismos e centros públicos de investigación; institucións sanitarias que desenvolvan actividades de I+D+i; entidades sen ánimo de lucro relacionadas coa I+D+i e agrupacións ou asociacións empresariais que realicen actuacións de I+D+i.
O orzamento mínimo dos proxectos debe ser de 600.000 euros e o máximo de 5 millóns de euros, cunha intensidade da axuda que pode acadar o 60% en función do tamaño da empresa e do tipo de actividades a desenvolver (investigación industrial, desenvolvemento experimental, innovación ou investimento produtivo). A duración dos proxectos debe ser de entre 2 e 3 anos e medio.
As tres misións identificadas ás que deben responder estes proxectos, son: contribuír á mitigación e adaptación ao cambio climático do sector primario en Galicia a partir da redución da súa pegada nun 10% en 2030 mediante a circularidade e a simbiose entre actuacións, así como a rexeneración dos ecosistemas; contribuír á redución do 57% das emisións de gases de efecto invernadoiro con respecto a 1990 para 2030 incrementando a reutilización das materias primas, produtos e materiais xa presentes no ciclo produtivo; e contribuír a incrementar os anos de vida saudable de 84 a 88 para 2030 mediante a redución de enfermidades ou problemas de enfermidades non transmisibles e a mellora da calidade de vida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?