Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca brindará apoio financeiro ás persoas colexiadas do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca brindará apoio financeiro ás persoas colexiadas do CPEIG

S. P.
Publicado: 16/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sinatura_convenio_cpeig_e_abanca_suarez_e_salgado_2_.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Abanca veñen de asinar un acordo de colaboración que pon a vista na mellora do acceso ao crédito das persoas colexiadas e das súas familias. A través deste convenio, sinalaron as dúas entidades, as e os integrantes do CPEIG poderán dar resposta ás súas necesidades persoais e laborais “nun momento especialmente marcado polo escenario macroeconómico actual”.
O acordo foi asinado na Coruña polo presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, e polo director territorial de Abanca na Coruña, Óscar Salgado. O documento recolle unha serie de produtos e servizos con condicións especiais na súa contratación, como as pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario ou avais.
Así mesmo, a entidade bancaria galega pon a disposición das persoas colexiadas diferentes liñas de financiamento oficial que subscribe con diversos organismos públicos, como as SGR nacionais, e que lles permitirán facer fronte aos gastos derivados da escalada da inflación e da evolución económica.
A oferta conta tamén con diferentes alternativas de investimento a medida, como os fondos de investimento, adaptados ao perfil de risco de cada cliente, e o servizo Xúbilo para o asesoramento sobre plans de pensións. Estas opcións forman parte tamén da oferta especializada de Abanca Persoal, coa que se proporcionará asesoramento e produtos personalizados ás persoas colexiadas para optimizar os seus investimentos.
A maiores, os enxeñeiros e enxeñeiras informáticas contarán con beneficios adicionais como a tarxeta Visa Tú, que ofrece múltiples formas de pago nunha soa tarxeta para combinalas como máis conveña. A Tarifa Plana de Seguros e de Valores, xunto con servizos avanzados de banca a distancia son outros dos aspectos clave que presenta a oferta financeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?