Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística oferta 31 cursos titorizados en liña para a obtención dos CELGA 2, 3 e 4
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística oferta 31 cursos titorizados en liña para a obtención dos CELGA 2, 3 e 4

S. P.
Publicado: 16/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20200130_celga.jpgO DOG publica este 16 de febreiro a convocatoria, con carácter gratuíto, do cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (CELGA), niveis 2, 3 e 4, achegados pola Secretaría Xeral Xeral de Política Lingüística. A iniciativa encádrase no plan de formación en lingua galega do departamento que dirixe Valentín García e na súa aposta “por combinar a preparación presencial e en liña para chegar a calquera recanto facilitando o acceso ao coñecemento do galego a todas as persoas”.
As persoas destinatarias serán persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
En total, a Goberno galego convoca 40 cursos titorizados (nove presenciais e 31 en liña) preparatorios das probas para a obtención dos certificados en lingua galega CELGA 2, 3 e 4, o que supón un total de 1.200 prazas. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes de inscrición, tanto de cursos presenciais como en liña, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística entre o 19 de febreiro e o 8 de marzo. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.
Proba de nivel
Como novidade, e co fin de conseguir o rendemento axeitado do curso, cando a persoa interesada solicite o curso no que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos da lingua galega. O resultado positivo da proba actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso. As persoas que, doutra banda, non superen a proba, poderán inscribirse igualmente no dito curso, se ben non terá preferencia na asignación das prazas.
No caso de que algún dos cursos teña máis solicitantes ca prazas, a asignación destas será por sorteo e nunca por orde de entrada de solicitudes. A partir da relación de persoas que superaron a proba de nivel correspondente ao curso solicitado, obterase nun primeiro sorteo a listaxe do alumnado seleccionado. O dito sorteo realizarase en acto público o día 21 de marzo, ás 11,00 horas, no salón de actos da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en Santiago de Compostela. O resultado será publicado no Portal da Lingua Galega.
Cursos titorizados
Cada curso terá unha duración de 70 horas e as datas de realización destes van do 1 de abril ao 16 de maio. Os presenciais terán lugar en distintos centros de ensino das sete cidades galegas mentres que os impartidos en liña se realizarán a través da plataforma de teleformación de Política Lingüística.
Os cursos teñen carácter gratuíto e non xeran por si mesmos dereito a ningún tipo de certificación, pois están destinados á preparación das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga.
Oferta continua de autoformación
A maiores deste cursos titorizados, a Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén ofrece a través da súa plataforma de teleformación cursos CELGA de autoaprendizaxe nos seus catro niveis, aos que a cidadanía pode acceder libremente en calquera momento, pois non están suxeitos a límites de prazas nin a datas de impartición. Estes cursos inclúen exercicios de léxico, gramática e comprensión e expresión oral e escrita, con actividades nas que o propio alumnado pode comprobar os seus progresos e consultar as respostas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?