Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia cun Roteiro Maker nos colexios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia cun Roteiro Maker nos colexios

S. P.
Publicado: 16/02/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

ames_roteiro_maker1.jpgO Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros itinerantes gratuítos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, visitará os colexios de Agro do Muíño, A Maía, Barouta e Ventín, en Ames, entre os días 20, 21, 22 e 23 de febreiro para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia.
O salón de plenos da Casa do Concello acolleu na mañá des 16 de febreiro a presentación desta iniciativa coa que o Concello de Ames busca dar a coñecer a figura das mulleres en diversas áreas científicas. A empresa Mirabelle Comunicación Audiovisual elaborará un vídeo sobre esta iniciativa que servirá para difundir o Roteiro Maker na Red Innpulso.
O martes 20 o Roteiro estará no CEIP de Barouta, o mércores 21 no CEIP A Maía, o xoves 22 no CEIP Agro do Muíño, e o venres 23 no CEP de Ventín. Trátase de obradoiros itinerantes gratuítos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.
Ao acto de presentación acudiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica e Innovación, Ana Belén Paz; a concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto; a representante da consultora Designthinking.gal, Rebeca Mariño; o técnico do departamento de Promoción Económica, Jorge Couñago; e mailos representantes de Mirabelle Comunicación, Rocío González e Miguel Martinez.
O alcalde de Ames, Blas García, salientou que “estes obradoiros tamén forman parte da área de igualdade ao destacar o papel fundamental que tiveron e teñen as mulleres na ciencia”. Así mesmo, tamén explicou que “co Roteiro Maker búscase achegar aos máis pequenos o traballo que se realiza nas áreas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). É importante que traballen nestas áreas nos colexios e reforzadas neste caso con esta actividade impulsada dende o Concello”.
Ademais, explicou que “nos vindeiros meses imos a crear mesas de traballo cos sectores locais do audiovisual e tecnolóxico, que son moi importantes e potentes dentro do noso concello. Queremos ter contacto constante e continuado no tempo con estes dous sectores con reunións periódicas para tratar de traballar de xeito conxunto. Isto farémolo no marco da Red Innpulso e co obxectivo de potenciar a innovación e maila tecnoloxía”.
A concelleira de Promoción Económica e Innovación, Ana Belén Paz, destacou que “o Concello de Ames quere poñer en valor o Día da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebrou o 11 de febreiro. Despois de falar cos centros educativos dixéronnos que a mellor semana para desenvolver esta actividade é a do 20 de febreiro, polo que ao longo da próxima semana levaremos aos diversos centros educativos un Roteiro Maker con distintas estacións con actividades deseñadas para que todos os rapaces e rapazas participen en todas elas: Estación Espacial, dedicada a Alyssa Carson; Estación Realidade Aumentada, centrada na figura de Ángela Ruiz; e Estación Ciencia Botánica dedicada a Jane Colden. Esta iniciativa contribúe a destacar o papel de Ames dentro da Red Innpulso como cidade da ciencia e da innovación”.
Ana Belén Paz tamén dixo que “a produtora Mirabelle Comunicación Audiovisual vai realizar un vídeo, que disporá de linguaxe de signos, para difundir esta iniciativa dentro da Red Innpulso”.
Pola súa banda, a concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto, agradeceu a colaboración dos centros educativos implicados e fixo referencia ao obxectivo central destes obradoiros: “Pretendemos que as nenas amesás teñan un papel decisivo nas comunidades científicas e tecnolóxicas e reforcen a súa participan nestes eidos. Con esta iniciativa buscamos facer referencia a esas mulleres que fixeron historia como Marie Curie, e outras mulleres que traballan na loita contra o cancro como é o caso de Sara García Alonso”.
Rebeca Mariño, da consultora Designthinking.gal, agradeceu ao Concello de Ames “por contar con nós para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia levando o Roteiro Maker aos centros escolares de primaria”.
O Roteiro Maker: tres estacións de actividades
Robótica, ciencia e tecnoloxía á man de todas e todos. O Roteiro Maker pretende achegar a ciencia e a tecnoloxía ofrecendo diferentes obradoiros gratuítos para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido.
No concello de Ames levaranse a cabo catro xornadas de mañá con tres estacións diferentes, nas que se tratará unha disciplina científica e a figura dunha muller destacada nesa área. Nelas participarán arredor de 400 rapaces e rapazas de segundo e terceiro ciclo de educación primaria.
A primeira será a Estación Espacial, na que se falará sobre Alyssa Carson, unha rapaza de 21 anos que se converteu na persoa máis nova en ingresar na Advanced Space Academy e que aspira a converterse nunha das primeiras persoas en pisar Marte. Nesta estación o alumnado tamén aprenderá como se utiliza a impresión 3D na exploración espacial, tanto para deseñar foguetes como para crear bases espaciais.
A segunda estación será a de Realidade Aumentada, centrada na figura de Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora galega recoñecida como a precursora do libro electrónico.
A derradeira parada será a Estación Experimentos, onde o alumnado poderá achegarse á figura de Jane Colden, unha botánica que catalogou máis de 300 especies de plantas e que está considerada como a primeira muller científica de América. Tamén aprenderán a crear mostras e velas no microscopio, onde poderán observar diversas mostras de microorganismos e plantas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?