Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José Manuel Fernández de Labastida, ex-director xeral de Investigación do Goberno, ingresará este ano na RAGC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José Manuel Fernández de Labastida, ex-director xeral de Investigación do Goberno, ingresará este ano na RAGC

S. P.
Publicado: 19/02/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vai engrosar este ano a súa relación de académicos correspondentes con tres novas incorporacións. Trátase do arquitecto David Chipperfield, do economista Antón Costas e do físico José Manuel Fernández de Labastida, experto en tecnoloxías cuánticas e ex-director xeral de Investigación e ex-secretario xeral de Política Científica e Tecnolóxica do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Contidos
  • O arquitecto David Chipperfiel, Premio Pritzker 2023
  • José M. Fernández de Labastida, xestor no Consello Europeo de Investigación
  • O economista Antón Costas preside o Consejo Económico y Social de España

O arquitecto David Chipperfiel, Premio Pritzker 2023

chipperfield_c_adrian_capelo_cruz.jpg O recoñecido arquitecto David Chipperfield (Londres, 1953), afincando en Corrubedo (Ribeira) e impulsor da Fundación RIA (destinada a reivindicar e pór en valor os tradicionais sistemas de produción, construción, de riqueza e ordenamento do Barbanza) ingresará na sección de Ciencias Técnicas da RAGC. Trátase, segundo salienta a Real Academia, “dunha das figuras máis eminentes e prestixiosas da arquitectura contemporánea”. Foi profesor de deseño en diferentes escolas de arquitectura do Reino Unido e formador convidado en varias universidades europeas e estadounidenses. Desenvolveu o seu labor en edificación e urbanismo, así como en deseño de mobles e interiores.
Entre os seus recoñecementos, recibiu en varias ocasións o premio RIBA (Royal Institute for British Arquitects). En 1999 foi galardoado en Alemaña coa Medalla de Ouro Heinrich Tessenow. En 2000 foi un dos arquitectos que representaron a Gran Bretaña na Bienal de Arquitectura de Venecia. En 2002 foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico. En 2003 foi elixido Membro Honorario da Academia de Arte e Deseño de Florencia. Tamén foi condecorado coa Orde ao Mérito da República Federal de Alemaña. En 2010 recibiu o Wolf Foundation Prize in Arts. En 2023 foi nomeado membro da Orde Pour lle mérite für Wissenschaften und de Alemaña, ingresou na Orden de Isabel la Católica e recibiu o Premio Pritzker de arquitectura.
Entre as súas obras e proxectos máis relevantes, destaca a reforma de varias salas da Royal Academy of Arts de Londres ou a Torre Bryant en Nova York. En Xapón proxectou a sede da corporación Matsumoto en Okayama, o Museo Gotoh de Tokio e a sede de Toyota Auto en Kioto. En Alemaña levou a cabo a reconstrución do Neues Museum de Berlín, deseñou o Plan Xeral de Vivendas de Maselakekanal en Berlín, o Museo de Literatura Moderna ou o edificio de oficinas Kaiserstrasse de Düsseldorf, entre outros. En Corea do Sur realizou a nova sede de Amorepacific en Seúl. En China deseñou o Liangzhu Museum en Hangzhou, o Museo de Historia Natural de Zhejiang e a Biblioteca Zikawey de Shanghái. Entre as obras que proxectou en España, atópase a Ciudad de la Justicia de Barcelona e o Pabellón Copa de América en Valencia.
A RAGC engade que “David Chipperfield ten unha profunda relación con Galicia”. Así, impulsou dende a nosa terra proxectos tan relevantes como a Fundación RIA, centrada na planificación territorial estratéxica, conectando os desafíos globais de sustentabilidade co contexto local. Recentemente abriu un estudo de arquitectura en Santiago de Compostela, que xunto cos de Londres, Berlín, Milán e Shanghái forma parte da súa rede de oficinas internacionais. Ademais, ten a súa residencia de verán en Corrubedo.

José M. Fernández de Labastida, xestor no Consello Europeo de Investigación

jose_m_fernandez_de_labastida.jpg José Manuel Fernández de Labastida (Madrid, 1958), que ingresará na sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da RAGC, é catedrático de Física Teórica da Universidade de Santiago. Na USC foi decano da facultade de Física e director da Escola de Doutoramento. Ten desempeñado distintos cargos de responsabilidade no Ministerio de Ciencia e Innovación: director xeral de Investigación, secretario xeral de Política Científica e Tecnolóxica e director xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional de I+D+i. Tamén foi vicepresidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Desde 2021 é xefe da Unidade de Apoio ao Consello Científico do Consello Europeo de Investigación, onde tamén foi durante dez anos xefe do Departamento de Xestión Científica.
Ao longo da súa traxectoria profesional, traballou en Teoría Cuántica de Campos, Teoría de Cordas, Teoría de Nós e Teorías Topolóxicas Cuánticas de Campo, entre outras áreas. Pasou boa parte da súa carreira científica no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton (Estados Unidos) e no CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas, con sede en Xenebra).
No ano 2008 recibiu o premio da Real Sociedad Española de Física (da que tamén foi vicepresidente) polas súas contribucións á Física Teórica a través das súas singulares investigacións, polo seu importante labor de investigación e docencia e polo servizo á comunidade académica e científica.

O economista Antón Costas preside o Consejo Económico y Social de España

anton-costas-comesana_.jpg O economista Antón Costas (Vigo, 1949), que ingresará na sección de Ciencias Económicas e Sociais da RAGC, é na actualidade presidente do Consello Económico e Social de España, cargo que ocupa desde o ano 2021. Catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona, presidiu o Círculo de Economía de Barcelona entre 2013 e 2016.
Graduouse primeiro como enxeñeiro técnico industrial na Universidade de Vigo, para licenciarse posteriormente en Economía na Universidade de Barcelona, onde se doutorou. Na súa tese de doutoramento interesouse polo pensamento e a política económica liberal do século XIX. Foi profesor titular de Política Económica da Universidade de Barcelona e, desde 2005, é catedrático de Política Económica da UB.
Os seus intereses céntranse nos procesos de formación das políticas públicas e, de xeito particular, nos procesos de reforma económica. Entre as súas múltiples publicacións, destacan La crisis de 2008. De la Economía a la Política y más allá (2010) e La torre de la arrogancia. Políticas y mercados después de la tormenta (2011).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?