Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 71 novos concellos galegos disporán da 5G de Vodafone antes do remate do ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

71 novos concellos galegos disporán da 5G de Vodafone antes do remate do ano

S. P.
Publicado: 19/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_torre_5g.jpgVodafone España achegou as súas previsións a curto prazo para estender a cobertura de tecnoloxía 5G, que chegará antes de que remate o ano a 71 concellos galegos. A nivel xenérico, o obxectivo da empresa é chegar ao 82% da poboación do país e a un total de 2.700 municipios ao remate de 2024, superando, segundo fai saber a operadora no balance, “as obrigas de despregadura comprometidas en materia de 5G de 700MHz”, frecuencia que a compañía emprega “para mellorar a cobertura en interiores de edificios, proporcionando gran dispoñibilidade de largo de banda e de transmisión de datos”.
Isto, engade, “supón unha enorme vantaxe en contornas rurais e pequenas localidades”. De feito, apunta Vodafone, “a 5G permite descargar contidos 5 veces máis rápido que coa rede 4G e gozar de mellor cobertura e servizo en interiores, así como de menor latencia para acceder aos contidos, proporcionando un servizo 5G diferencial para reducir a fenda rural e impulsar a transformación dixital das empresas”.
Volvendo ás cifras do informe, a previsión da compañía é despregar 5G en 147 poboacións de menos de 1.000 habitantes e en 553 poboacións de entre 1.000 e 50.000 habitantes.
Ademais, Vodafone incrementou os emprazamentos da súa rede NB-IoT (Banda Estreita da internet das Cousas), que na actualidade chega a todas as capitais de provincia e aos seus arredores, con máis de 16.886 emprazamentos de rede actualizados con esta tecnoloxía. Esta despregadura en infraestruturas de rede permitiulle chegar ás máis de 6,57 millóns de liñas IoT activas ao 31 de decembro de 2023, un incremento do 34% respecto ao exercicio anterior.
Julia Velasco, directora de Rede de Vodafone España, comentou: “Co propósito de continuar facilitando a inclusión dixital de empresas, cidadáns e administracións, a rede 5G de Vodafone alcanzará ao 82% da poboación total no noso país e 2.700 municipios situados en grandes e pequenas cidades, así como zonas rurais. O noso obxectivo é reducir a fenda dixital e proporcionar conectividade a todos, incluíndo aqueles que máis o necesitan.”
No que se refire a Galicia, 71 novos municipios dispoñerán de 5G. Entre eles, a maioría serán poboacións rurais de menos de 5.000 habitantes como Corcubión, A Gudiña ou Castrelo de Miño; ou localidades de máis de 10.000 como Ames, Sarria ou A Estrada.
Vodafone tamén afianza a súa despregadura en 4G, xa que o 99,62% da poboación española está cuberta con esta tecnoloxía e durante o exercicio fiscal 2022-23 puxéronse en servizo máis de 1.100 novos emprazamentos 4G na banda de 800MHz. Ademais, segue evolucionando sobre 4G con tecnoloxías xa absolutamente integradas na súa rede, como 4G (LTE-A), que chega xa a 2.739 municipios, e VoLTE, que supera xa o 50% dos minutos de voz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?