Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Naturgy inviste máis de 200 millóns na dixitalización e mellora das redes eléctricas galegas en 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Naturgy inviste máis de 200 millóns na dixitalización e mellora das redes eléctricas galegas en 2023

S. P.
Publicado: 20/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

2024_02_ufd-redes-home.jpgNa dixitalización e na mellora dos máis de 60.000 quilómetros de rede en Galicia da UFD, a distribuidora eléctrica do grupo Naturgy investiu 222 millóns en 2023, un 60% con respecto ao ano anterior.
Máis polo miúdo, estes investimentos centráronse en innovación e aplicación de novas tecnoloxías para avanzar na telemedida e telexestión dos puntos de subministro, no telecontrol e sensórica das redes, así como no robustecemento das infraestruturas, co obxectivo de integrar o incremento da xeración renovable.
O esforzo realizado pola compañía en sensórica e dixitalización das súas infraestruturas permitiu a mellora da calidade do servizo medida a través do Tempo de Interrupción Equivalente á Potencia Instalada (TIEPI). Así, o indicador que mide a calidade da subministración eléctrica e o TIEPI, sinala que a interrupción media do servizo foi de 41,1 minutos durante o ano pasado, cunha mellora do 35% nos últimos cinco anos.
En 2023, entre outras actuacións de mellora das súas instalacións, a compañía construíu unha nova liña de alta tensión entre Carballo e a parroquia de Bértoa, na provincia da Coruña, onde ademais adaptou a subestación do municipio. Na mesma provincia, renovou as estruturas metálicas nas liñas de alta tensión entre Cornido e Vilar do Colo, Eume e Pedrido, e Fibranor e Mourela, e realizou o soterramento dun treito da liña Cornido-Santa Mariña e Cornido-Porto Exterior Ferrol, nos municipios de Ferrol e Narón.
Na provincia de Pontevedra, a UFD ampliou a subestación de Lalín e axeitou a subestación de Sárdoma, en Vigo; ampliou a potencia de transformación das subestacións de Barro; Mourente, en Pontevedra; Tibo, Salvaterra e Ponteareas e tamén soterrou un tramo da liña aérea entre Padrón e Tibo ao seu paso polo núcleo de Caldas de Reis.
Na provincia de Ourense, a compañía ampliou a potencia da subestación de Frieira e acondicionou as de San Cibrao e Xinzo de Limia, así como a liña de alta tensión entre Salas e Celanova. Na provincia de Lugo, axeitou a subestación de Belesar e a liña de alta tensión entre Chantada e Lugo.
A distribuidora eléctrica de Naturgy mantén un forte compromiso coa sociedade e o desenvolvemento económico dos territorios onde está presente, a través desta importante achega á economía rexional, sempre coa sustentabilidade e o medio ambiente como piares básicos para a creación de valor económico, ambiental e social a curto e longo prazo.
O investimento e o gasto da compañía xeran 15.500 empregos directos, indirectos e inducidos en Galicia, actuando como importante panca á hora de fixar poboación nas zonas rurais.
Para rematar, dicir que a UFD está presente en Galicia, onde é o maior distribuidor de electricidade, dá servizo a 1,6 millóns de puntos de subministración en 286 municipios, a través dunha rede de 60.300 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?