Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HealthyFit (UVigo) avaliará as vantaxes do exercicio con Realidade Virtual en persoas con dano cerebral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HealthyFit (UVigo) avaliará as vantaxes do exercicio con Realidade Virtual en persoas con dano cerebral

S. P.
Publicado: 20/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_pohealthyfitlugo2.jpgO grupo de investigación HealthyFit, integrado por investigadores das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia, segue a dar pasos relevantes nunha das súas grandes liñas de traballo: sacar proveito da integración nos programas de exercicio físico dos dispositivos de Realidade Virtual, poñendo o foco en diferentes colectivos, como poboación anciá ou persoas afectadas por párkinson. Nun proxecto pioneiro, promovido pola Cruz Vermella de Lugo, o grupo buscará agora avaliar os efectos en pacientes con dano cerebral adquirido dun programa de “estimulación mutisensorial, que combina a actividade física e a cognitiva”, como explica José María Cancela, investigador principal do grupo.
Este “estudo piloto” levarase a cabo no Centro de Dano Cerebral da Cruz Vermella en Lugo e nel participarán pacientes que presentan “un conxunto de secuelas en múltiples áreas funcionais, provocadas por lesións cerebrais”, derivadas de ictus, traumatismos cranioencefálicos ou encefalopatías. “O que se quere facer é un programa específico de estimulación multisensorial, no cal realizan exercicio físico e, ao mesmo tempo, teñen que tomar decisións”, apunta Cancela, que incide en que se ben diferentes estudos teñen afondado nos efectos da actividade física nesta poboación, non existen traballos centrados nun programa que incorpore o uso duns lentes de “realidade virtual inmersiva”, combinados nestes caso co traballo cun “cicloergómetro intelixente”.
Cunha duración de 24 semanas, o proxecto arrancará nas vindeiras semanas cunhas sesións iniciais que buscan en primeiro termo que as e os participantes poidan familiarizarse cos cicloergómetros que van a empregar. Estes permitirán levar a cabo, dun xeito seguro e asistíndolles no pedaleo de ser preciso, sesións de actividade física centradas nos seus membros inferiores ou superiores, dependendo do grao de afectación de persoas que poden presentar hemiplexía nalgunha das súas extremidades.
Unha vez familiarizados cos equipos, desenvolverase un programa de 21 semanas, con dúas ou tres sesións por semana, no que se empregarán unha serie de exergames, videoxogos que implican unha compoñente física, nunhas lentes de Realidade Virtual. Estas permiten á súa vez combinar o traballo físico co cognitivo, xa que durante as sesións deberán ir respondendo unha serie de preguntas ou tomando decisións no marco do propio xogo. Xunto a unha avaliación intermedia, centrada na utilizabilidade e experiencia co dispositivo, as e os participantes realizarán ao inicio e ao final do programa unha serie de tests, dirixidos a coñecer unha posible evolución en aspectos neurocognitivos e funcionais, así como na súa calidade de vida.
Nestas semanas, os investigadores e os profesionais da Unidade de Atención a Pacientes con Dano Cerebral Adquirido da Cruz Vermella traballan na selección das e dos preto de 20 pacientes que tomarán parte nun proxecto que, como recoñece Cancela, “abre unha nova liña de traballo, que iniciamos evidentemente con moita cautela”, dada a ausencia de estudos previos. Non obstante, o investigador pon tamén o foco no potencial deste tipo de ferramentas á hora de integrar o exercicio físico no traballo con persoas “cunhas limitacións funcionais bastante elevadas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?