Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG publica na Rede unha recompilación de textos históricos sobre o noso idioma
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG publica na Rede unha recompilación de textos históricos sobre o noso idioma

S. P.
Publicado: 21/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rag_arquivo_web.jpgDende a Real Academia Galega (RAG) veñen de incorporar á súa libraría dixital unha escolma de máis dun cento de textos relevantes sobre o galego baixo o título: Ideas, propostas e debates sobre a lingua (1916-1936). Os ditos textos están producidos entre o ano da fundación das Irmandades da Fala e a aprobación do Estatuto de Autonomía, un momento -tamén protagonizado pola xeración Nós e o Seminario de Estudos Galegos- que marcou un punto de inflexión no discurso de dignificación do idioma propio de Galicia. Estes escritos foron publicados en libros, opúsculos e distintos medios, desde diarios como El Pueblo Gallego, ata revistas de Galicia (A nosa terra, Nós) ou da emigración (Céltiga).
Dicir que a edición é do académico Henrique Monteagudo, coa colaboración de M.ª Dolores Sánchez Vales e Nélida Cosme. Consta de dous volumes, dispoñibles xa en descarga gratuíta na sección de publicacións da web da RAG.
cuberta_abrag_07.jpg O primeiro tomo xunta textos referentes ao status social, cultural e político do galego e o segundo reúne outros referidos ao seu cultivo e elaboración, facendo fincapé no desenvolvemento e a fixación do galego escrito. Antón e Ramón Villar Ponte, Vicente Risco, Victoriano Taibo, Johán Vicente Viqueira, Francisco Fernández del Riego, Fermín Bouza-Brey, Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré, Ricardo Carballo Calero, Jesús Bal y Gay ou Rafael Dieste son algúns autores que asinan os traballos seleccionados.
“A fala é forza viva. Falar galego é crear un núcleo de luz, un faro para nós e para os demais”, escribía en 1917 Xaime Quintanilla. “Non digamos que está chea de dozura, que é meiga e leda, que nela cantan os anxos. Digamos que a fala é unha forte, latexante necesidá”, sentenciaba o médico e escritor.
Engadir que a base desta nova compilación da RAG atópase no traballo de documentación previo á tese de doutoramento do coordinador do Seminario de Sociolingüística, Ideas e debates sobre a lingua (1916-1936). Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a tradición galeguista (1995). Castelao tamén está presente nestes novos volumes da colección Anexos do Boletín da RAG porque o seu Sempre en Galiza (1944) é un texto definitivo para a lingua galega. “Que diriamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior (….). Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte”, deixou escrito o rianxeiro no Sempre en Galiza, publicado no exilio en Bos Aires.
cuberta_abrag_08.jpgO segundo volume, A demanda da norma, permite seguir as principais controversias arredor da orientación do galego culto. Como sinala Henrique Monteagudo, “aínda que se discutiron aspectos fónicos, morfosintácticos (sobre todo os morfolóxicos) e léxicos, o foco principal estivo sobre a ortografía. As grandes polémicas lingüísticas desenvolvéronse sobre o pano de fondo dunha
gran penuria de estudos sobre a lingua e un enorme atraso no desenvolvemento dunha filoloxía galega, completamente desatendida pola Universidade. A contribución máis substancial é a de Antonio Couceiro Freijomil (1929), que sentou as bases para as Normas do Seminario de Estudos Galegos, as primeiras da nosa lingua. Neste segundo volume aparecen os 46 artigos da Tribúa da Fala d’El Pueblo Gallego, diario que publicou como coleccionable un Vocabulario popular galego-castelán elaborado no seo do Seminario de Estudos Galegos, un resumo da diversidade de posicións arredor da norma lingüística do galego, desde o popularismo ao reintegracionismo.
Para rematar, dicir que estes dous volumes que que vén de incluír a RAG na súa web dan boa conta idea da contribución do galeguismo de entreguerras á modernización do galego e permiten constatar que os problemas do idioma, mesmo os prexuízos que tanto o danan, foran xa denunciados cen anos atrás, amais de esclarecer a súa situación actual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?