Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un pastilleiro intelixente e unha app cultural, no palmarés do Minimarket de AJE Ferrolterra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un pastilleiro intelixente e unha app cultural, no palmarés do Minimarket de AJE Ferrolterra

S. P.
Publicado: 22/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

minimarket_2024_premiados_naron_ferrol_pau_5734.jpgO Pazo da Cultura de Narón acolleu este mércores 21 de febreiro a entrega de premios á innovación e ao empuxo emprendedor do Minimarket de AJE Ferrolterra. Participaron, amais dos representantes da asociación empresarial, os 189 candidatos que optaban a gañar 5 premios en recompensa polo traballo dedicado durante meses nos seus proxectos empresariais.
Os responsables de elixir as gañadoras e gañadores foron as e os integrantes dun xurado especializado, formado por patrocinadores e autoridades de Ferrolterra, como foi a colaboración de Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, en todo o proceso.
Os proxectos gañadores dos Accésit, foron o Cristo Rey de Ferrol na categoría de Innovación, que gañou co proxecto Dailypill baseado nun “pastilleiro intelixente” que promete mellorar a vida dos maiores, e a Compañía de María levouse o Accésit de Responsabilidade Social co proxecto Pequerrechos Baby Shop unha tenda ecolóxica e de segunda man para as necesidades dos máis cativos.
minimarket_2024_ferrol_naron_aje_pau_5717.jpgEn canto ás categorías principais, en Mellor Proxecto na Categoría de ESO-Bacharelato gañou o IES Fene con Meetivity unha aplicación tecnolóxica para estar ao día de todos os eventos e actividades sociais que ten como obxectivo coñecer xente e reavivar a vida social de quen a descargue. Na categoría de FP os gañadores foron Alén As Terras do CPR Plurilingüe San José, cun proxecto dunha axencia de viaxes que garante unha experiencia totalmente personalizada para aproveitar ao máximo todo o que ofrecen as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e que busca promocionar a nosa zona.
minimarket_2024_ferrol_naron_pau_5719.jpgNa nova Categoría de Universidades, a gañadora foi Clara Souto con Bebboppy. Esta estudante de Xestión Industrial da Moda achegou unha empresa centrada no benestar das mulleres, deseñando pezas encargadas de aliviar as dores menstruais por medio de fontes de calor.
Con esta xornada, ponse fin ao Programa Emprende Xove organizado cada ano pola asociación AJE Ferrolterra que non só promove a innovación e a creatividade, senón que mostra o traballo por conta propia como unha opción para todos os mozos que participan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?