Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela Monumental adhírese á plataforma estatal Comercio Conectado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela Monumental adhírese á plataforma estatal Comercio Conectado

S. P.
Publicado: 23/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

comercio_conectado_compostela_monumental.jpgJose Manuel Bello Rey, presidente de Compostela Monumental e da Confederación Española de Centros históricos (COCAHI), asistiu na sede do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa ao acto de presentación oficial da plataforma Comercio Conectado, impulsada pola Secretaría de Estado de Comercio do Goberno, da que forma parte xa, segundo confirmou, a patronal do centro histórico de Santiago.
Bello Rey, acompañado por varios membros da xunta directiva da Confederación, aproveitou este evento para manter unha reunión coa Dirección Xeral de Comercio Interior e tratar co seu máximo responsable Juan Francisco Martínez García, distintos temas de interese para o comercio situado nos centros históricos de España.
“Levamos catro anos traballando conxuntamente coa Dirección Xeral de Comercio Interior para tentar mellorar a situación cotiá do comercio tradicional, recibindo apoio para distintas accións de promoción e difusión do papel que desenvolve o comercio tradicional”, destacou Jose Manuel Bello Rey, ao mesmo que tempo que convidou a todos os comerciantes de España “a formar parte desta nova plataforma e dárense de alto na mesma de forma totalmente gratuíta”. E engadiu: “Só teñen que activar a súa presenza na web www.comercioconectado.gob.es e poderán beneficiarse de diversas noticias de interese para o sector, formación en liña, subvencións…etc, considero que é moi importante para todos nós”.
Ademais desta plataforma, Compostela Monumental e COCAHI mostraron a súa aposta polo Marketplace de Correos e a súa nova aplicación de fidelización de clientes coa empresa MyFullTrip.
A presentación de Comercio Conectado
A secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, presentou o pasado venres 16 de febreiro a Plataforma Comercio Conectado, unha iniciativa innovadora que crea un espazo pensado para servir de punto de encontro ao comercio polo miúdo cun dobre obxectivo: impulsar a súa dixitalización e fortalecer a súa competitividade empresarial, a través de servizos de información e formación en apoio ás pequenas e medianas empresas (pemes) e ao comercio retallista.
A plataforma ofrece formación, comunidades e recursos para impulsar a transformación dixital do comercio polo miúdo, que constitúe preto do 5% do PIB da economía española, con máis de 1,9 millóns de afiliados á Seguridade Social.
Tamén pretende crear unha rede nacional que aglutine a todas as entidades, administracións e particulares vinculados ao comercio polo miúdo. Será, en palabras do Goberno “un espazo de colaboración para o sector comercial español que potencie a súa competitividade e a mellora dos seus procesos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?