Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas de Solitium explicaron en Ourense o marco normativo actual antifraude
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas de Solitium explicaron en Ourense o marco normativo actual antifraude

S. P.
Publicado: 23/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

2024-2-23_nexos_normativa_ley_antifraude.jpgEste venres 23 de febreiro proseguiu o ciclo de xornadas informativas para as ermpresas Nexos Encontros por Ourense cun webinar desenvolvido baixo o título A nova normativa das leis antifraudes, que contou coa participación de Jaime López e Gerardo Portugués do Grupo Solitium, especialistas en software de xestión e xestión documental, respectivamente. A xornada foi presentada por Marisol Nóvoa, presidenta da CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) e José Manuel Nogueira, coordinador de Banca Institucional en Abanca.
Ambos coincidiron na necesidade de manterse ao día dos grandes cambios tanto normativos como tecnolóxicos que se suceden no panorama empresarial.
O obxectivo da sesión de era repasar o novo marco da lexislación antifraudes, así como o regulamento de Sistemas Informáticos de Facturación (SIF) e, ao mesmo tempo, avanzar sobre a orde ministerial que en breve publicará o Ministerio de Facenda para fixar as bases que, a partir do 1 de xullo de 2015, rexerán na facturación para todas as empresas e profesionais.
Os relatores profundaron na nova configuración das facturas e nos sistemas que se empregarán a partir desa data, que permitirán comunicar automaticamente as facturas emitidas á Axencia Tributaria e comprobar a veracidade das mesmas a través do QR inserido. Jaime López centrou a súa intervención nas obrigacións que pemes, empresas e persoas autónomas terán a partir da entrada en vigor destas normativas, sobre todo no relativo aos requisitos do software de facturación utilizado. Igualmente, explicou en que consiste o sistema Verifactu e as vantaxes para emisor e receptor.
Pola súa banda, Gerardo Portugués fixo un repaso da Lei Crea e Crece, en vigor desde outubro de 2022, así como dos desafíos que supón para as empresas e a posible solución a través da xestión documental e a súa vinculación, a canalización en distintos fluxos en función de cada proceso e o acceso posterior aos documentos e a información. Fixo especial fincapé nos cambios que supón para as empresas a adopción da facturación electrónica e realizou unha demostración práctica do funcionamento dun software de dixitalización que axuda ás empresas coa xestión da información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?