Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Realidade Virtual e robótica únense nunha contorna creada por enxeñeiros da UVigo para a rehabilitación médica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Realidade Virtual e robótica únense nunha contorna creada por enxeñeiros da UVigo para a rehabilitación médica

S. P.
Publicado: 27/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_virtual1.jpgO Grupo de Investigación Enxeñaría Eficiente e Dixital (EN.EDI) da UVigo vén de desenvolver unha contorna virtual para a rehabilitación médica integrando realidade virtual e robótica co asesoramento e validación do Servizo de Medicina Física da Área Sanitaria de Vigo.
Estamos a falar do proxecto europeo VIRTUAL R3, Virtual Reality in Robotic movements assistance for Rehabilitation, Realidade virtual na asistencia de movementos robóticos para rehabilitación. VIRTUAL R3, “que está enmarcado dentro do proxecto EMIL, European Media and Inmersion Lab, promovido polas universidades Pompeu Fabra (Barcelona), Aalto (Finlandia), Bath (UK) e a Academia de Cinema Filmakademie Baden-Württemberg (Alemaña) e que abrangue diferentes aspectos e enfoques da realidade virtual”, explica o docente e IP do proxecto, Julio Garrido Campos.
Doentes con distintas necesidades terapéuticas son os e as destinatarias deste prototipo que ten como finalidade crear unha contorna virtual para realizar exercicios de rehabilitación de membros inferiores máis eficaces, agradables e motivadores para as e os pacientes.
Entre xaneiro de 2024 e abril de 2025, os investigadores do grupo EN.EDI, que participan no proxecto VIRTUAL R3, traballarán no desenvolvemento e construción dun prototipo plenamente operativo co que os e as pacientes poderán realizar exercicios de rehabilitación, integrando realidade virtual e mixta e robótica CDPR (Cable Driven Parallel Robots), contando co asesoramento do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación da Área Sanitaria de Vigo en aspectos médicos, así como para a validación de solucións.
Cun orzamento de 268.400 euros, financiados polo programa europeo Horizon, o desenvolvemento de VIRTUAL R3, na súas vertentes investigadora e tecnolóxica corresponderá, de xeito autónomo, ao grupo de investigación da UVigo, aínda que dentro do consorcio formado polos socios do proxecto EMIL, con cuxa colaboración poderán contar, caso de ser preciso. Engadir que o proxecto foi un dos 12 elixidos nunha convocatoria que recibiu 136 propostas de toda Europa.
Tanto a realidade virtual, como os Robots por Cables ou CDPR, que teñen a peculiaridade de que, mediante fíos (cables) controlados individualmente, poden mover un elemento terminal no que conflúen un dos extremos de todos os cables, son dous recursos que se empregan en rehabilitación. A realidade virtual facilita a comunicación ao doente dos exercicios que debe realizar, “facendo un sistema máis inmersivo de xeito que o traballo, neste amplo espazo ofrecido polo CDPR, sexa máis intuitivo e motivacional para o usuario, que poderá moverse asistido polo robot mentres a contorna virtual cambia ou o conduce, por exemplo, por un camiño na natureza”, detalla Julio Garrido, que sinala como un dos retos do proxecto a interacción en tempo real entre o robot, o procesador de realidade virtual e a captación dos impulsos do paciente, “unha parte importante para que a inmersión virtual sexa efectiva”, asegura.
De falarmos da realidade mixta, con ela é posible combinar o escenario real con obxectos agregados (indicadores virtuais de altura ou marcas de paso virtuais) que indiquen a ruta a seguir ou accións a realizar como saltar ou agocharse.
Por último, sinalar que este é o primeiro proxecto que o grupo EN.EDI desenvolverá no eido da sanidade, Garrido salienta que levan varios anos desenvolvendo os seus propios robots paralelos no grupo de investigación e, en concreto, investigando en Robots por Cables ou CDPR.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?