Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo di que 45 concellos lucenses perderán liñas de teléfono fixo polo apagamento do cobre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo di que 45 concellos lucenses perderán liñas de teléfono fixo polo apagamento do cobre

S. P.
Publicado: 28/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

adamo_despregamento.jpgA operadora Adamo, centrada no ámbito rural, vén de emitir un comunicado no que reflicte as consecuencias que tería, baixo a súa óptica, o peche da rede de cobre previsto por Telefónica. Na súa nota Adamo reflicte datos da CNMC (Comisión Nacional do Mercado de Telecomunicacións) e do INE, na que se fai saber que 6.200 familias rurais residentes en 45 dos 67 concellos de Lugo perden a liña fixa e o Internet ADSL (de telo) en 2024, a inmensa maioría antes do 19 de abril.
Eses fogares atópanse hoxe en risco de illamento e, segundo Adamo, de non migrar á fibra óptica perderán tanto o fixo como a conexión a Internet. Ante esa tesitura, Adamo ofrece aos prexudicados polo apagamento a súa rede implantada na provincia.
As vilas pequenas e as aldeas, as peor paradas
Este corte de conectividade, que afecta especialmente as localidades de menor tamaño, débese ao apagamento da rede de cobre sobre o que a propia CNMC leva tempo realizando comunicacións. Como consecuencia, aqueles usuarios que carezan agora de fibra óptica e non migren a ela quedaranse sen teléfono fixo e sen Internet.
Alternativa para 6.200 familias rurais
Adamo lembra que nestes 45 concellos lucenses residen, polo menos, 6.200 familias damnificadas por este apagamento, “unha parte das cales atópase agora en serio risco de illamento”. Para operadora, isto compensarase coa existencia de empresas como Adamo e da cobertura que poñen en xogo, polo que a compañía pon ao dispor deses fogares a súa vasta rede de fibra óptica, especialmente enfocada ao ámbito rural.
Solucións específicas para cada tipo de familia
Adamo, de entrada, permitirá conservar o número de teléfono, o cal pode chegar a ter ata 100 anos e ser un vínculo entre parentes afastados ou de importancia para pequenos negocios. Pero, ademais, o operador ofrece opcións para distintos perfís:
-Internet a través de fibra óptica de 400 Mb desde 26 euros ao mes (prezo definitivo).
-Paquetes con velocidades de navegación de ata 1.000 Mb (que segundo Adamo poden cubrir de xeito folgado as necesidades dunha familia) con liña móbil de 20 GB por 25 euros mensuais durante 9 meses (prezo promocional).
-Todos os packs permiten engadir liñas móbiles e televisión á carta: Adamo TV está dispoñible desde 3 euros ao mes.
Oferta e atención específicos para maiores de 65 anos
Ademais, na arela de “colaborar no peche da fenda dixital en cada recuncho do país”, Adamo acaba de crear un paquete exclusivo para persoas de 65 anos ou máis, que inclúe fixo con bono de chamadas a móbiles, Internet para casa e móbil con 12 GB tamén por unha tarifa definitiva de 26 euros ao mes. Así mesmo, a compañía pon en marcha un servizo de atención personalizada para este grupo de idade, dispoñible no teléfono 900 651 665.
Os 45 concellos afectados
A Fonsagrada, A Pastoriza, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Barreiros, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Chantada, Cospeito, Foz, Friol, Guitiriz, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, O Incio, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Pol, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Sarria, Taboada, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?