Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigadora predoutoral da MBG, finalista no certame nacional Eu investigo. Eu son CSIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigadora predoutoral da MBG, finalista no certame nacional Eu investigo. Eu son CSIC

S. P.
Publicado: 28/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lucia_martin_cacheda.jpgO Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) promove o concurso de vídeos de divulgación científica Eu Investigo. Eu son CSIC, iniciativa que na súa quinta edición ten entre os seus finalistas a Lucía Martín Cacheda, investigadora predoutoral na Misión Biolóxica de Galicia (MBG) co audiovisual A lingua das patacas, dispoñible en Youtube.
O certame, iniciativa do Departamento de Posgrao e Especialización do CSIC, ten aberto ata mañá, 29 de febreiro, o prazo de votación popular dos 29 vídeos que chegaron á final, entre os que se atopa o de Lucía Martín Cacheda, a única representante do CSIC en Galicia.
Graduada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Lucía Martín Cacheda desenvolve o seu labor desde 2020 na MBG cun contrato predoctoral para a formación de doutores (FPI) no grupo de Ecoloxía evolutiva das interaccións planta-herbívoro. A súa tese, dirixida por Xoaquín Moreira e Luis Abdala-Roberts, versa sobre a especificidade na comunicación química entre plantas en resposta á herbivoría e á infección por patóxenos.
Ata a data, centrou as súas investigacións no estudo da comunicación química entre as plantas a través de compostos orgánicos volátiles, sobre todo, entre as plantas de patacas.
A través de traballo experimental, está a tentar determinar se as plantas danadas por insectos e fungos patóxenos teñen capacidade para alertar ás plantas “veciñas” e se ese aviso ten algún tipo de efecto na resistencia destas ao dano inminente.
“Polo momento, comprobei que as plantas alertadas a través de compostos orgánicos volátiles (COVs) presentan unha maior resistencia (unha menor porcentaxe de dano) ante a praga de verme soldado (Spodoptera exigua). Este feito resulta interesante á hora de propor a aplicación artificial de COVs coma unha ferramenta de uso agrícola para loitar contra pragas de maneira máis sostible, reducindo ou uso de pesticidas químicos. A idea sería a de aplicar estes COVs coma unha especie de vacina, expoñendo plantas de cultivo a estes compostos preparando así o seu sistema inmune, ou que permitiría ás plantas expostas reaccionar máis axiña e con máis forza ante un ataque. Comprobar ou efecto da aplicación de COVs é o seguinte paso nesta investigación”, explica Lucía Martín Cacheda, quen no vídeo realiza unha síntese destes resultados a través dunha mini-obra de teatro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?