Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC lidera un estudo que mostra a hostilidade machista contra a representación política nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC lidera un estudo que mostra a hostilidade machista contra a representación política nas redes

S. P.
Publicado: 28/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_machismo_hostilidade_dixital_politica.jpgUn estudo baixo o título AGITATE. Asimetrías de xénero na comunicación política dixital, conclúe a importante incidencia da hostilidade dixital contra as persoas que desempeñan cargos de representación política e as connotacións machistas destes ataques.
Trátase dunha análise feita por un equipo da Universidade da Coruña formado polas profesoras Teresa Piñeiro Otero e Ana González Neira, da Facultade de Ciencias da Comunicación; Laura Castro Souto, Beatriz Pérez Sánchez, Laura Morán Fernández e Verónica Bolón Canedo, da Facultade de Informática; o docente no Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Comunitaria, Adrián Gonçalves Barbosa; e as investigadoras Lucía Álvarez Crespo e María Eugenia Ambort xunto con persoal investigador da Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Valladolid, a Universidade Rey Juan Carlos e a Universidade de Vigo.
Indo ao proxecto, este chega á conclusión de que o xeito máis común de acoso dixital é a recepción de mensaxes odiosas, que van desde insultos ata comentarios denigrantes (o 21,9% dos homes e o 34,8% das mulleres que participaron sinalan ter sido obxecto deste tipo de violencias). Outras maneiras máis organizadas de acoso, como campañas de desprestixio ou a difusión de información falsa tamén están presentes na contorna dixital política.
Cando se indaga sobre as motivación detrás destes ataques, as persoas integrantes das cámaras de representación sinalan cuestións de tipo político. Ideoloxía (60,6%), partido de pertenza (57,5%) ou posicionamento (39,4%) teñen máis peso que outros factores, como o xénero (11,9% de respostas, fundamentalmente de mulleres). No entanto, o estudo levado a cabo permitiu constatar un nesgo de xénero nestas violencias, tanto na súa manifestación como nas persoas que as exercen.
O único tipo de violencia no que observan diferenzas significativas de xénero é no acoso sexual en liña. Un 21,6% das políticas participantes afirman ter sufrido este tipo de violencia nas redes sociais, unha realidade que só experimentaron o 6,9% dos varóns.
Asemade as políticas participantes tenden a identificar os seus agresores como homes, mentres que os políticos varóns sinalan a mulleres e homes na mesma proporción.
Na súa maioría as mulleres políticas identifican a violencia en liña como diferente á que enfrontan os seus colegas varóns. Coinciden en sinalar un enfoque dos ataques cara o persoal -aspecto físico, vestimenta, preferencias sexuais, etc.- así como o uso de cualificacións que minimizan o seu papel, a súa valía política ou as cousifican. A constante exposición a presións e agresións leva ás mulleres a limitar, reformular e mesmo a desistir de participar en determinadas plataformas e debates. Unhas medidas de autoprotección que repercuten directamente nunha perda de pluralismo.
A exposición a estas hostilidades dixitais ten un impacto significativo na saúde mental das mulleres políticas.
Para afondar máis polo miúdo nestas hostilidades que sofren as mulleres en política e fomentar unha actitude crítica fronte as mesmas, o equipo de AGITATE levou a cabo o podcast homónimo, que aborda a complexidade destas violencias dixitais con expertas neste eido, así como una microformación a través de Telegram e WhatsApp, en colaboración coa entidade Ecos do Sur, co obxectivo de formar e sensibilizar ás persoas usuarias nunha actividade na rede máis consciente e comprometida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?