Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O curso Laboratorio de son para dummies abre un programa de Brión para mellorar competencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O curso Laboratorio de son para dummies abre un programa de Brión para mellorar competencias dixitais

S. P.
Publicado: 28/02/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnoloxias_dixital_curso_brion.jpgO Concello de Brión, a través da Aula CeMIT local, vai desenvolver unha programación formativa especial neste primeiro semestre do ano para mellorar as competencias dixitais da súa veciñanza. Unha iniciativa que arrincará esta mesma semana co curso Laboratorio de son para dummies, unha acción formativa dirixida a persoas interesadas na música e na produción musical por computador.
“A nosa intención é que os veciños e veciñas que participen nestes cursos adquiran unha serie de coñecementos, habilidades e actitudes que lles permitan utilizar a tecnoloxía de maneira creativa e segura, ao tempo que mellore a súa capacitación á hora de atopar un emprego ou simplemente desfrutar do seu tempo de ocio”, explicou o alcalde, Pablo Lago. Por iso, a este primeiro curso seguirano outras actividades como Comunicación Dixital: como crear contido en redes sociais e Robótica e impresión 3D.
O primeiro curso, Laboratorio de son para dummies está dirixido a persoas que estean interesadas en iniciarse no mundo da produción musical, pois ao longo das 16 horas teóricas e prácticas aprenderán os coñecementos básicos sobre produción musical e as utilidades dos distintos elementos que conforman un home studio. As clases serán todos os sábados de marzo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Aula CeMIT de Brión, no baixo da Biblioteca Municipal.
O prezo é de 20 euros por persoa e o número de prazas está limitado a 12, que é o número de equipos da Aula CeMIT, polo que a inscrición será por rigorosa orde de anotación, con preferencia para persoas empadroadas en Brión. As inscricións poderán realizarse de forma telemática ou presencial, empregando o formulario dispoñible na web municipal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?