Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado analiza a adaptación do dereito español á nova realidade dos nómades dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado analiza a adaptación do dereito español á nova realidade dos nómades dixitais

S. P.
Publicado: 29/02/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

noelia_montero-pintos_y_salgado-1.jpgAo abeiro do seu programa de divulgación centrado en diferentes aspectos legais e xurídicos da nova orde tecnolóxica, o despacho de avogados coruñés Pintos & Salgado pon o foco esta semana no dereito español e da súa adaptación ás necesidades de traballo daquelas persoas que desempeñan a súa profesión desde calquera recuncho do mundo, aproveitándose das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Segundo explica Noelia Montero, profesional do despacho, “os nómades dixitais atopan en España un destino atractivo por clima, calidade de vida e infraestrutura dixital; por iso é importante crear un marco legal que os regule e protexa”.
O bufete tamén pon o foco no importante incremento da presenza de nómades dixitais, propiciado pola ampliación do teletraballo e a propia evolución das Tecnoloxías da Información, que achegan un escenario que creba moitas das convencións tradicionais ao redor do traballo. “O nómade dixital desempeña a súa actividade de maneira itinerante, sen vincularse a unha localización física fixa, e aproveitándose da flexibilidade que brindan as ferramentas virtuais”, explican dende Pintos & Salgado, engadindo que “o aumento destes perfís laborais fai que o dereito tampouco quede atrás: implica novas implicacións legais e novos desafíos que as regulacións deben abordar canto antes”.
Así nos explica Noelia a adaptación que fixo España a esta nova realidade: “En decembro de 2022 e tendo en conta o impacto da pandemia de COVID-19, España aprobou a Lei 28/2022 de fomento do ecosistema das empresas emerxentes. É aí cando se dá o gran cambio: recóllese a implantación dun visado para nómades dixitais. Neste contexto, calquera visado débese entender como un documento oficial, emitido por un país, para que os estranxeiros ingresen e residan legalmente dentro do territorio por un período determinado. Normalmente asócianse a cuestións de turismo, estudo, traballo…”, continúa Montero.
No caso dos nómades dixitais, permítelles traballar en territorio español, algo non recollido noutra tipoloxía de visados como o turista, facilitando e apoiando a incorporación destes perfís profesionais en condicións legais óptimas.
Requisitos para obter o visado
Unha das cuestións fundamentais do visado para nómades dixitais é que recolle as circunstancias que permiten a un profesional considerarse como tal. E percíbese a través dos seus requisitos. “Primeiro, necesitas ser un traballador a distancia ou autónomo dun país que non pertence á Unión Europea. Podes ser autónomo con varios clientes ou simplemente estar contratado por unha organización que che permita traballar a distancia desde o estranxeiro”, contextualiza Noelia Montero, engadindo que é necesario contar cun contacto profesional cos nosos clientes ou traballar para a organización durante polo menos 3 meses antes de presentar a solicitude”. A maiores, o nómade dixital deberá contar con polo menos 3 anos de experiencia no seu sector, non poderá ter antecedentes penais e deberá poder demostrar que presenta os medios económicos suficientes para manter a estadía en España.
Con beneficios fiscais
Tramitar o visado para nómades dixitais permitirá que os profesionais que traballen baixo estas modalidades acóllanse á chamada Lei Beckham, de tal maneira que pagarán impostos (neste caso, o Imposto sobre a Renda de Non Residentes ou IRNR) só se os seus ingresos superan os 55.000 euros. Esta é unha das principais vantaxes que incorpora o documento oficial para certificar a condición de nómade dixital, xunto coa posibilidade de residir en España máis aló dos 3 meses que contempla o visado de turista. “Co visado, España súmase á tendencia doutros países da Unión Europea que tamén desenvolveron ferramentas xurídicas semellantes. No noso caso, os nómades dixitais xa poden operar en territorio nacional durante un ano e prorrogalo ata as cinco anualidades. E somos un destino moi interesante para eles por clima, calidade de vida e infraestrutura da internet”, conclúe Noelia Montero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?