Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca lanza a súa nova ferramenta de banca dixital: B100
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca lanza a súa nova ferramenta de banca dixital: B100

S. P.
Publicado: 29/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240229-abanca-b100-01-hd.jpgA entidade galega Abanca presentou este xoves 29 en Madrid o seu novo negocio de banca dixital, B100, nas súas palabras “un modelo de banca para particulares enmarcado nunha nova categoría, the Healthy Banking”. A nova marca, que traballará coa ficha bancaria de Abanca, presenta unha oferta financeira consistente en tres contas, dúas delas remuneradas e unha tarxeta de débito.
A presentación realizouna o director executivo de B100, Jorge Mahía, a responsable de Deseño e ESG, Paloma Barreiro, e o responsable de Marketing, Luis Franqueira.
Segundo explicaron, os clientes de B100 “poderán contratar á vez e nun sinxelo proceso de alta as tres contas e a tarxeta; a Conta B100 para o día a día, a Conta Save, unha conta remunerada para os seus aforros e a Conta Health, única no seu deseño e que ten o obxectivo de fomentar o aforro mellorando a saúde do cliente”. Deste xeito, engadiron, B100 ofrece aos seus clientes a posibilidade de lograr unha recompensa en forma de remuneración se cumpren certos hábitos saudables como camiñar ou correr.
20240229-abanca-b100-07-hd.jpg“Ningún banco no mundo ligou ata agora o aforro coa saúde, para contribuír a mellorar o benestar da xente, cuns beneficios tan claros”, asegurou Jorge Mahía, engadindo que “para mellorar a saúde do planeta, B100 destinará un 25% do que ingresa con cada pago que realiza un cliente coa súa tarxeta de débito Pay to Save a un proxecto de loita contra a contaminación mariña.
Na aplicación móbil os clientes terán acceso a un contador que lles mostrará o plástico recollido por cada compra que efectuou coa súa tarxeta, o total do plástico recollido no seu nome e o total do plástico retirado por toda a comunidade de clientes. Este labor realizarase en colaboración coa nova firma innovadora alacantina Gravity Wave, que conta ademais cun proceso de certificación que permite saber, gramo a gramo, onde se recolleu o plástico que, grazas a B100 e aos seus clientes, xa non contaminará o mar.
B100 está dispoñible vía web, na App Store e na tenda de aplicacións para Android.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?