Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 14 de marzo celébrase a 3ª edición da CITIC Cyber Competition (C3TF)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 14 de marzo celébrase a 3ª edición da CITIC Cyber Competition (C3TF)

S. P.
Publicado: 01/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_cyber_competition-3.jpgO vindeiro 14 de marzo celébrase a terceira edición do CITIC Cyber Competition (C3TF), unha competición deseñada para que os estudantes poñan a proba as súas habilidades en ciberseguridade. O evento está organizado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) en colaboración con atlanTTic da Universidade de Vigo (UVigo), e patrocinado pola Cátedra R en Ciberseguridade.
Esta competición de ciberseguridade realizarase en estilo CTF, do inglés Capture The Flag (Captura a Bandeira). Nela, os participantes tentarán resolver unha variedade de desafíos relacionados coa seguridade informática para atopar “bandeiras” ou tokens que representan puntos. Segundo explican as tres entidades organizadoras da proba, “estes desafíos poden abranguer unha ampla gama de áreas da seguridade informática, como criptografía, esteganografía, análise forense, enxeñería inversa, hacking de aplicacións web ou explotación de vulnerabilidades, entre outros”.
Na pasada edición do CITIC Cyber Competition participaron 32 equipos formados por estudantes de Bacharelato, Formación Profesional, Grao e Máster. En total, dos 119 alumnos, 50 competiron desde o CITIC da UDC, 29 desde atlanTTic da UVigo e 40 en remoto.
Modalidades e premios
Na competición poden participar persoas que estean a estudar actualmente (2023/2024) ou que finalizasen os seus estudos durante o ciclo anterior. A inscrición é obrigatoria e debe realizarse en equipos de ata 5 persoas. Pódese participar tanto de forma presencial, no CITIC da UDC ou no atlantTTic da UVigo, como en liña. A competición terá unha duración de 4 horas, en horario de 15.30 a 20.30, o próximo 14 de marzo.
Ao finalizar celebrarase a entrega de premios para os tres equipos finalistas: o primeiro equipo recibirá 1.000 €, o segundo 700 € e o terceiro 400 €. Ademais, haberá agasallos e unha merenda para todos os participantes en modalidade presencial. As prazas son limitadas.
A inscrición está aberta ata o próximo 6 de marzo, de forma gratuíta, a través da ligazón específica habilitada.
Evento TalentoCibeR
A CITIC Cyber Competition (C3TF) celébrase dentro da primeira edición do evento TalentoCibeR. A partir das 10.30, realizaranse dous obradoiros prácticos e unha mesa coloquio cos que se pretenden visibilizar o talento en ciberseguridade de Galicia e fomentar as novas vocacións a través do achegamento entre as empresas e os estudantes. O evento celebrarase de forma presencial e simultánea no CITIC da UDC (A Coruña) e na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da UVigo (Vigo).
A inscrición é obrigatoria, individual e independente ao rexistro do C3TF. Tamén está aberta ata o próximo 6 de marzo, de forma gratuíta, a través doutra ligazón específica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?