Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea desenvolve a plataforma Green AI para o Programa Nacional de Algoritmos Verdes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea desenvolve a plataforma Green AI para o Programa Nacional de Algoritmos Verdes

S. P.
Publicado: 04/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

programa_nacional_de_algoritmos_verdes.jpgA empresa tecnolóxica Balidea, con sede principal en Santiago de Compostela, está a levar a cabo o deseño e desenvolvemento do software para a construción da plataforma Green AI, un proxecto crave dentro do Programa Nacional de Algoritmos Verdes (PNAV) do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, que dará cobertura a todas as súas actividades.
O Programa Nacional de Algoritmos Verdes (PNAV) é unha das medidas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e encádrase na Estratexia Nacional de Intelixencia artificial (ENIA). Conta cun investimento de 257,7 millóns de euros dos fondos europeos Next Generation EU para o desenvolvemento dunha tecnoloxía respectuosa co medio ambiente e aplicada ao desenvolvemento de accións contra o cambio climático.
Despregarase antes do 2025 e ten tres obxectivos fundamentais: impulsar unha Intelixencia Artificial (IA) máis respectuosa e responsable co medio natural que incorpore variables de sustentabilidade ambiental desde a súa concepción e desenvolvemento; integrar a IA nas cadeas de valor para transformar o tecido económico; e favorecer a transición ecolóxica e a redución da pegada de carbono.
O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública definiu catro grandes proxectos aliñados entre si, co obxectivo fundamental de “ofrecer os servizos de apoio necesarios para o desenvolvemento do PNAV”. A empresa Balidea logrou liderar o primeiro deles, consistente no Deseño e desenvolvemento do software para a construción da plataforma Green AI, un espazo web dirixido principalmente a emprendedores, profesionais da Intelixencia Artificial e outras disciplinas e investigadores, que dará cobertura a todas as actividades relacionadas co PNAV.
A plataforma incluirá os seguintes grandes bloques:
-Un portal Web accesible e de gran usabilidade que ofreza información relevante e de calidade ao público obxectivo, así como unha visión agregada o máis completa e contextualizada posible das distintas iniciativas do PNAV.
-Un asistente conversacional que permita a procura de contidos dentro do portal e a navegación áxil e intuitiva polos mesmos.
-Un conxunto de ferramentas de cadro de mando con indicadores de interese respecto ao desenvolvemento do PNAV.
-Unha solución flexible que permita a publicación e xestión de contidos por parte de usuarios sen coñecementos tecnolóxicos.
-Un sistema de publicación de datos abertos de máxima calidade que formen parte dos desafíos Green AI, ademais do enlazado de exemplos de algoritmos IA medio-ambientalmente sostibles, que dean solución a retos Green AI e sirvan como exemplo para a comunidade de desenvolvedores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?