Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orange culmina en Santiago a instalación da fibra óptica na cidade histórica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orange culmina en Santiago a instalación da fibra óptica na cidade histórica

S. P.
Publicado: 06/03/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

goretti_fibra_zona_historica_santiago.jpgO Concello de Santiago, a operadora Orange e a axencia autonómica AMTEGA culminaron este mes de marzo a instalación da fibra óptica na cidade histórica compostelá. Os traballos foron executados pola operadora de telecomunicacións tras un investimento que superou os 2,4 millóns de euros por parte da compañía e de 238.000 euros por parte do Consorcio de Santiago.
Segundo lembraron este 6 de marzo fontes do Consistorio, a despregadura da fibra óptica foi realizada en 13 fases que se iniciaron unha vez aprobado o proxecto en xuño do 2020 e que tivo como ámbito de actuación as consideradas como “zonas brancas” no Plan Especial da Cidade Histórica, ou sexa, áreas sen servizo de fibra óptica por parte de algunha empresa operadora. “A despregadura enfrontaba retos técnicos e legais de fondo calado ao tratarse dun casco histórico de elevada protección patrimonial”, sinalou o Concello.
santiago_fibra_orange_concello_cidade_historica.jpgO acto oficial de remate do proxecto celebrouse este martes 6 de marzo en Raxoi. Participaron a alcaldesa de Santiago de Compostela e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, acompañada de Miguel Rodríguez Quelle subdirector da área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), de Manuel Chaín, subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia xunto con Nani Fernández, directora de Relacións Institucionais de Orange e de Belén Hernández, xerente do Consorcio.
Todos os presentes manifestaron a súa satisfacción pola boa colaboración público-privada entre as partes implicadas para executar con éxito a instalación da fibra óptica na cidade histórica de Santiago.
A colaboración comezou en novembro do 2019 tras unha consulta pública e aberta na que participaron a Consellería de Cultura e Turismo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Concello de Santiago; colaboración que para Miguel Rodríguez Quelle foi “o resultado dun equipo de expertos que traballaron arreo pola chegada da fibra óptica á zona vella compostelá, respectando o seu marcado carácter patrimonial sen perder nunca de vista o obxectivo final de poñer este esencial servizo á disposición da veciñanza”.
Como resultado da convocatoria publicada, tres foron as empresas operadoras que presentaron unha proposta técnica de proxecto piloto para a instalación. Iniciábase así un longo proceso de colaboración entre diferentes axentes públicos e privados, empresas contratadas e equipo técnico humano para os que a alcaldesa agradeceu, unha vez máis, o seu traballo. A presidenta do Consorcio e alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, congratulouse do éxito deste proxecto “de vital importancia para o asentamento de poboación e negocios na Cidade Histórica” e recordou que “non foi un proceso fácil”, xa que foi necesario “atopar os equilibrios para dotar de servizos unha zona da cidade que debe estar viva e habitada”.
Proxecto histórico (e modélico) para Orange
santiago_fibra_optica_remate.jpg Unha vez fixadas e avaliadas as condicións que debería seguir a instalación da fibra por parte da Comisión Asesora do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, a operadora Orange ofreceuse a realizar a despregadura. Instalación da que Nani Fernández remarcou o fito de ser unha despregadura pioneira que tivo Compostela como proxecto piloto e exitoso que foi trasladado a diferentes cidades patrimoniais en toda España.
Levar a cabo a despregadura e conservar a estrutura patrimonial de Compostela foi todo un reto para organismos públicos e empresa operadora que tiveron que axustarse ás esixentes regulacións patrimoniais, sinalou Manuel Chaín, que tamén lembrou o nomeamento da cidade como ben declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO fai 39 anos, definiu moi ben a despregadura ao enmarcala como un fito necesario para “preservar o pasado e garantir o futuro”.
Características técnicas da despregadura da fibra óptica
As características patrimoniais da cidade histórica compostelá fixeron imprescindibles unha serie de condicións para a instalación da fibra óptica co obxectivo de minimizar ao máximo o impacto visual, respectar e coidar os elementos patrimoniais da cidade. Entre elas, foi necesario o deseño especial das pequenas caixas “Compostela” deseñadas pola empresa Commscope para a operadora Orange, que aplicou e facilitou a adaptación das caixas á arquitectura patrimonial de Santiago.
Ademais, da prohibición de novos pasos aéreos, a instalación dunha rede aberta (que debe ser compartida por todos os operadores) e acometidas especificamente definidas para cada fachada. Ao finalizar a súa intervención, Nani Fernández, fixo entrega dunha destas peculiares caixas á alcaldesa.
Todos os participantes deron as grazas aos técnicos e persoal da operadora Orange, do Concello, de AMTEGA, da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, a Comisión Asesora do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, así como das asistencias técnicas, empresas subcontratadas para a execución da despregadura e tamén a colaboración constante da veciñanza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?