Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Ignorancia Artificial de Touriñán, Marta Doviro e Fede Pérez recala este sábado na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Ignorancia Artificial de Touriñán, Marta Doviro e Fede Pérez recala este sábado na Coruña

S. P.
Publicado: 07/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

monologosr_ignorancia_artificial_coruna.jpgOs Monólogos R, cos seus 16 anos de historia sobre as táboas, regresan a Coruña este sábado 9 en sesión dobre, co espectáculo Ignorancia Artificial, nunca tal se vira e contando coa presenza de Xosé A. Touriñán (Touri), Marta Doviro e Fede Pérez. A cita será en PALEXCO. Os monólogos R deste ano son, en palabras da operadora, “unha divertida reflexión sobre o futuro inimaxinable que nos deparan as novas tecnoloxías, ás que debemos adaptarnos, case sempre, a demasiada velocidade”.
A cita será un convite a preguntarnos se as novas ferramentas nos converten de verdade en persoas máis intelixentes ou máis ignorantes cada vez que se renovan.
Aborda tamén os inicios da revolución tecnolóxica na que estamos mergullados, “cando era unha marcianada reservada moitas veces a frikis e/ou snobs, mais case sen decatarnos foise incorporando ao noso día a día e xa non podemos vivir sen ela”.
Estas e outras cuestión serán abordadas por Touri, Doviro e Fede Pérez.
Xosé A. Touriñán fará de mestre de cerimonias e tamén dará boa conta das súas ocorrencias en varias intervencións no escenario. O cómico irá establecendo conversas coa súa compañeira e o seu compañeiro de escenario, Marta Doviro e Fede Pérez respectivamente, que tamén ofrecerán os seus propios monólogos.
“Trátase, en suma, de gañar por goleada ao ChatGPT e a outras creacións artificiais cun percorrido polos textos humorísticos que levan máis dunha década conquistando o público”, explican fontes de R, engadindo que o obxectivo é ante todo relatar, parodiar, reflexionar e cuestionalo todo para facer pasar unha tarde de diversión á fiel audiencia dos monólogos R.
Os monólogos R de 2024 arrincaron o pasado domingo 25 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica ás 19:00 h, en sesión única. Agora recalan no Palacio de Exposicións e Congresos, PALEXCO, o sábado 9 de marzo en dobre sesión: ás 17:00 h e ás 20:30 h. O aforamento é limitado e para acudir é preciso contar con algún dos convites de R para clientes ou coas conseguidas nos concursos de redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?