Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Dyntra sitúa Ames á cabeza dos concellos galegos en materia de transparencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Dyntra sitúa Ames á cabeza dos concellos galegos en materia de transparencia

S. P.
Publicado: 08/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dyntra_ames.jpgO portal de observación social de ética e transparencia pública Dyntra situou ao Concello de Ames como “a institución municipal máis transparente de Galicia, e colócao no posto número 88 de España”. O Concello conta con 103 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, acadando deste xeito unha taxa 63,58% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios), que inclúe aos municipios de máis de 15.000 habitantes.
A avaliación recolle seis apartados, nos cales Ames obtén as seguintes puntuacións: 69,23% en transparencia municipal; 54,55% en participación e colaboración cidadá; 55,56% en transparencia económica-financieira; 75% en contratacións de servizos; 65% en urbanismo e obras públicas e 0% en datos abertos (Open Data).
O portal rexistra tamén “unha evolución moi favorable” do Concello dende as primeiras avaliacións das que se ten constancia. Así, en outubro do 2015, cando se recolleron os primeiros datos de transparencia, o índice de Ames situábase no 16,78%. Xa no 2016, a porcentaxe evolucionou de xeito positivo cara un 29,45%. A partir do ano 2020, tras a implantación uns meses antes da nova páxina web municipal e do novo Portal de Transparencia, alcanzouse o 57,67%. En xaneiro de 2023 Ames situábase como o terceiro Concello máis transparente de Galicia cunha porcentaxe do 59,26%.
Aspectos avaliados por Dyntra
Como dixemos, no apartado de transparencia municipal o Concello de Ames obtén unha puntuación do 69,23%. Esta sección está á súa vez dividida en diversos apartados: información sobre os cargos electos e o persoal do Concello (66,67%, 22 de 33 indicadores); información sobre a organización e o patrimonio do Concello (80%, 8 de 10 indicadores); información sobre normas e institucións municipais (81,82%, 9 de 11 indicadores); e planificación e organización do Concello (54,55%, 6 de 11 indicadores).
Na sección de participación e colaboración cidadá a porcentaxe acadada por Ames é do 54,55%. Neste apartado inclúense a información e a atencións ao cidadán (63,64%, 7 de 11 indicadores) e o grado de compromiso coa cidadanía (50%, 11 de 22 indicadores).
En terceiro lugar sitúase a sección de transparencia económica-financieira, na que se obtén unha puntuación do 55,56%, e dentro da que se inclúe a información contable e orzamentaria (40%, 2 de 5 indicadores); a transparencia nos ingresos e gastos municipais (20%, 1 de 5 indicadores); a transparencia nas débedas municipais (50%, 2 de 4 indicadores); así como a información económica e orzamentaria (76,92%, 10 de 13 indicadores).
O apartado contratacións de servizos está á cabeza nas puntuacións, logrando acadar unha porcentaxe do 75%. Os procedementos de contratación de servizos valóranse cun 100%, cumprindo tres de tres indicadores posibles; e tamén se puntúa cun 100% as relacións e operacións con provedores e contratistas. Por último, a subsección contratos, convenios e subvencións obtén un 63,64% (7 de 11 indicadores).
Urbanismo e obras públicas acada un 65%: os plans de ordenación urbana e convenios urbanísticos chegan ao 100%, igual que a información sobre empresas concorrentes, ofertas e resolucións. As decisións sobre recualificacións e adxudicacións urbanísticas logran un 50%, mentres que os anuncios e licitacións de obras públicas acadan o 75%. Por outra banda, o seguimento e control da execución de obras chega ao 60%. A subsección indicadores sobre urbanismo e obras públicas é valorado cun 0%, ao non contar con ningún dos tres aspectos a avaliar publicados.
Para finalizar, o Concello tampouco obtén puntuación no apartado dos datos abetos, ao non contar cunha plataforma deste tipo na que se publiquen os datos en formato aberto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?