Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC participa nun proxecto europeo para favorecer a educación inclusiva na universidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC participa nun proxecto europeo para favorecer a educación inclusiva na universidade

S. P.
Publicado: 08/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_design2freedom1-1024x1024.jpgThais Pousada, profesora da área de Terapia Ocupacional e investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, participa no proxecto Design2Freedom: promoting Person-Centered Design for people with disability in higher education (en galego, Promoción do deseño centrado na persoa con discapacidade na educación superior). O programa está liderado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e o seu obxectivo principal é favorecer a incorporación práctica do concepto de Deseño Centrado na Persoa na creación de produtos tecnolóxicos para colectivos con diversidades funcionais na educación universitaria.
Para o devandito obxectivo o proxecto aposta pola experimentación e a avaliación do uso de metodoloxías participativas e inclusivas para a aprendizaxe con profesores e estudantes de diferentes ámbitos.
Esta iniciativa, financiada pola Comisión Europea a través do programa Erasmus+, desenvolverase ata o ano 2026. No consorcio participan a Universidade da Coruña (España), Vilniaus Kolegija (Lituania), CREADE (Bélxica) e Technicka Univerzita v Kosiciach (Eslovaquia), que acaban de reunirse no seu primeiro encontro transnacional en Lituania.
Durante a reunión, que tivo lugar os días 29 de febreiro e 1 de marzo, identificáronse os conceptos clave do proxecto, tales como o modelo social da discapacidade, a accesibilidade universal, as tecnoloxías de apoio, o deseño centrado na persoa e as metodoloxías participativas e inclusivas que se aplicarán. “Este encontro”, informou o CITIC, “serviu como punto de partida para unificar datas, fitos, resultados e directrices do proxecto”.
O equipo do CITIC da UDC que participa neste proxecto está formado por Thais Pousada, Betania Groba, Laura Nieto, Mª del Carmen Miranda e Patricia Concheiro, docentes da Área de Terapia Ocupacional; Manuel Lagos, estudante de doutoramento e investigador contratado; Javier Pereira, subdirector do CITIC e docente da Área de medicina Física; xunto co director do CITIC, Manuel González Penedo, profesor da Área de Ciencia da Computación e Enxeñaría Artificial. Será no propio CITIC onde se desenvolverá o Inclusive Design Lab no vindeiro mes de novembro, que involucrará a toda a comunidade universitaria, xunto cos partners europeos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?