Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC participa nun proxecto internacional para previr contaminantes nas augas mineromedicinais mediante IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC participa nun proxecto internacional para previr contaminantes nas augas mineromedicinais mediante IA

S. P.
Publicado: 11/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aquapred-presentacion-1024x574.jpgA investigadora do CITIC da UDC, Elena Hernández, membro do grupo de investigación LIDIA, participa no proxecto AquaPred (Sistema de control e prevención de contaminantes en augas mineromedicinais mediante Intelixencia Artificial), cuxa presentación tivo lugar o pasado mes de febreiro no balneario de Laias (Ourense).
Trátase dun proxecto transnacional, multidisciplinario e interdisciplinario de física, medicina, farmacia, química, bioloxía e informática, enfocado á monitoraxe e control da auga termal/mineromedicinal dos balnearios e á predición de contaminantes, baseándose na dixitalización dos datos en tempo real dos parámetros fundamentais da auga mineromedicinal e a análise continua dos devanditos datos por un sistema baseado en Intelixencia Artificial.
Coa participación de distintas entidades de España, Portugal e Francia, e liderado pola Universidade de Vigo, o grupo da UDC encargarase do desenvolvemento deste sistema intelixente mediante a aplicación de técnicas de aprendizaxe automática para obter un modelo de predición capaz de identificar cambios na calidade da auga mineromedicinal. Este modelo, explica o CITIC, “podería alertar de desviacións significativas na calidade da auga, o que sería de gran utilidade para a xestión e o mantemento da fonte de augas mineromedicinais, contribuíndo así a garantir o seu óptimo estado e seguridade para os usuarios”. O centro coruñes engade que “se trata de aplicar tecnoloxías punteiras ao control e xestión das augas mineromedicinais nos balnearios termais do espazo SUDOE, co triplo obxectivo de minimizar a posibilidade de presenza de contaminantes maximizando as propiedades medicinais das augas, incrementar a base científica sobre o comportamento das augas mineromedicinais e xerar un produto exportable a todos os balnearios do mundo”.
O proxecto conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e está co-financiado con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) conta cun orzamento total de 1.871.530,38 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?