Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Finetwork confía na experiencia de Optare para a transformación dos seus sistemas OSS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Finetwork confía na experiencia de Optare para a transformación dos seus sistemas OSS

S. P.
Publicado: 12/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

finetwork_e_optare.jpgA operadora española Finetwork, que presta servizos de fixo e móbil a nivel nacional, continúa a súa senda de crecemento tras superar os 145 millóns de facturación no ano 2023. A empresa quere dar un novo paso no seu proceso de medre ao confiar á empresa galega Optare Solutions a transformación dos seus sistemas de soporte á operación (OSS).
Este proxecto, iniciado o ano pasado, permitirá á compañía con sede en Elda (Alacante) axilizar a creación de novos servizos de rede e dixitais, reducindo o estafe-to-market e os custes de operación e evolución.
Como parte da colaboración con Finetwork, a consultora galega está a implantar novas solucións para a orquestración e inventario de recursos e servizos, unha ferramenta Field Service Management, integración con provedores de servizos dixitais, así como unha nova arquitectura de integración baseada nas últimas tecnoloxías de nube e microservizos.
Para a solución de Field Service Management, Optare colabora con Netboss para achegar “unha solución flexible e escalable que permita a xestión das operacións en campo e a automatización dos procesos de xestión”.
O director de tecnoloxía de Finetwork, Carlos Valero, destaca: “Eliximos a Optare Solutions polo seu coñecemento da tecnoloxía e o negocio das telecomunicacións, especialmente no ámbito dos servizos de fibra óptica. Ao longo destes meses demostráronnos o seu valor, facilitándonos a execución dun proxecto complexo, achegando o seu coñecemento, activos e experiencia”.
Pola súa banda, Luís Sestelo, director executivo de Optare, declarou que “esta colaboración é un proxecto clave tanto para Finetwork como para Optare. Estamos a despregar unha arquitectura optimizada para o modelo de negocio de Finetwork que facilitará o crecemento da compañía e importantes melloras e eficiencias na operación e o lanzamento de novos servizos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?