Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello Galego de Enxeñerías xa ten novo presidente: Julio Sánchez Agrelo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello Galego de Enxeñerías xa ten novo presidente: Julio Sánchez Agrelo

S. P.
Publicado: 12/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coetg_aetg_nova_directiva_20240312_prensa_def.jpgA renovación de cargos da xunta directiva do Consello Galego de Enxeñerías (CGES) levábase a cabo o pasado mes de febreiro. Na dita asemblea xeral renovouse a presidencia, vicepresidencia, secretaría, vicesecretaría e tamén os cargos de tesoureiro, contador e vogais. Nesta nova etapa, Julio Sánchez Agrelo, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), ata agora vicepresidente, asume o cargo de presidente do CGES e a secretaría pasa a mans do responsable dos enxeñeiros navais, Jorge Dahl de Sobrino.
Por outra banda, o secretario na lexislatura anterior, Pedro Calaza Martínez (do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos), pasa a ser o novo vicepresidente; mentres que o novo decano do Colexio de Industriais, Julio García Cordonié ostentará o cargo de vicesecretario.
Segundo afirmou o novo presidente, “como colectivo, os enxeñeiros estamos chamados a desempeñar un papel fundamental no desenvolvemento e progreso da sociedade, e en Galicia, esta responsabilidade adquire un significado aínda máis profundo”. Así, nesta nova etapa, adquire o compromiso de traballar para promover os intereses da profesión, incidir na formación e o desenvolvemento profesional e colaborar estreitamente con institucións e empresas para impulsar a investigación e a innovación na enxeñería.
Asemade, salientou: “A importancia de seguir traballando en estreita colaboración con outras disciplinas e sectores, recoñecendo que moitos dos desafíos aos que nos enfrontamos son multidisciplinarios e transversais e requiren solucións integrai”; comprometéndose tamén a promover a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os diferentes eidos da enxeñería.
O CGES está formado por colexios profesionais de enxeñerías reguladas, unha asociación que naceu no 2016 co obxectivo de promover a coordinación e buscar sinerxías entre as diferentes ramas da enxeñería, así como converterse en voz única ante administracións públicas, entidades e institucións radicadas en Galicia. Agrupa aos colexios profesionais de Galicia de: Enxeñeiros Agrónomos, de Camiños, Canles e Portos, Enxeñeiros ICAI, Industriais, Minas, Montes, Navais e Oceánicos e de Telecomunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?