Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os empresarios de Rianxo ofrecen aforros, promocións e campañas a través da súa app
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os empresarios de Rianxo ofrecen aforros, promocións e campañas a través da súa app

S. P.
Publicado: 12/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

app_mais_rianxo.jpgA Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) vén de facer un novo informe sobre as posibilidades que achega á cidadanía a súa aplicación móbil Máis Rianxo, unha ferramenta axeitada, en palabras da patronal, para permitir que os clientes aforren ao tempo que apoian ao comercio local. “Coa nosa aplicación”, sinala a entidade, “os clientes poden acceder a unha ampla variedade de negocios locais que ofrecen bonificacións especiais, co engadido extra de que unha parte das compras están bonificadas e, polo tanto, xeran diñeiro que se acumula nos moedeiros virtuais, listo para ser empregado como desconto en vindeiras adquisicións”.
Ademais, engaden, “os usuarios non só aforrarán nas súas compras, senón que tamén estarán ao tanto de todas as promocións, campañas especiais e eventos que ocorren na vila de Rianxo”.
A aplicación Máis Rianxo está dispoñible para a súa descarga en dispositivos Android e iOS.
Como lembraremos, a app activouse en maio de 2023 da man da ARE e dende aquela non parou de medrar coa incorporación de novos establecementos asociados. Trátase dun instrumento que contribúe a captar clientes e a manter no tempo aqueles cos que xa se contaba, sinala a ARE, que salienta a importante participación comunitaria posta en xogo arredor da aplicación.
O funcionamento da mesma é simple pero efectivo: “Con cada compra que se realiza nos negocios adheridos, as persoas usuarias acumulan unha porcentaxe de saldo que poderán empregar en futuras compras. Cada establecemento terá o seu propio saldo específico, que os clientes poderán usar para aforrar nas súas compras futuras. O saldo dispoñible está listo para ser consultado en calquera momento directamente dende a app, ofrecendo aos usuarios unha visión clara das súas oportunidades de aforro”.
mercarianxo.gal-4.jpg Plataforma Mercarianxo.gal
Ademais, a ARE ten activa o mercado online Mercarianxo.gal, que permite aos establecementos locais vender dende o seu propio posto dixital e sen custe algún. Estas son as vantaxes que ofrece a plataforma:
-Compra e recollida na tenda. O clientes poden facer as súas compras en liña e recoller os seus pedidos directamente na nosa tenda física, ofrecendo comodidade e flexibilidade.
-Pedidos multitienda: Tamén teñen a opción de facer pedidos en varios comercios á vez, promovendo as compras en diferentes establecementos locais.
-Envíos gratis: Comprometidos coa satisfacción dos clientes, ofrecénse envíos gratuítos en todos os produtos.
-Directorio de empresas. O cliente pode usar a plataforma como escaparate no directorio de empresas da ARE, aumentando a súa visibilidade e alcance.
-Cartas e menús de hostalería. Ademais de produtos comerciais, ofréncense cartas e menús para que os locais poidan mostrar pratos e bebidas ao público.
-Servizo Take Away. Para establecementos de hostalería, a ARE ofrece a opción Take Away, facilitando a recollida de alimentos e bebidas preparados para levar.
En palabras da ARE, “Mercarianxo.gal está aquí para axudar aos comercios locais do concello a adaptarse aos novos tempos e crecer, proporcionando solucións de venda en liña flexibles e beneficiosas para todos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?