Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro atlanTTIC da UVigo, socio no proxecto europeo Retina de sensores fotónicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro atlanTTIC da UVigo, socio no proxecto europeo Retina de sensores fotónicos

S. P.
Publicado: 13/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

proxecto-retina-1024x576.jpgO pasado mes de decembro botaba a andar o proxecto europeo de fotónica Retina, unha idea que vai á procura de sensores fotónicos de próxima xeración con aplicacións en automoción, agricultura e atención sanitaria. O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic participa como socio, sendo un dos 13 integrantes que conforman o Retina, que ten por obxectivo desenvolver dous sensores baseados en tecnoloxías fotónicas para mellorar procesos no eido da saúde, a automoción e a agricultura.
Indo ao proxecto, dicir que durará catro anos, conta cun orzamento de 6,2 millóns de euros e está coordinado polo Centro Tecnolóxico AIMEN. O consorcio está composto por socios académicos, pemes e grandes actores clave de 7 países da Unión Europea: 4 RTO (a Asociación de Investigación Metalúrgica do Noroeste en España, o IMEC en Bélxica, a Universidade de Vigo, e o Instituto Fraunhofer Heinrich-Hertz en Alemaña; 1 gran empresa (Quest Medical Imaging B.V nos Países Baixos), 5 pemes (Photonfocus AG de la Suissa, Aeromedia Uav SL e Abraia Software SL de España, Xenomatix de Bélxica, e Tematys de Francia), 2 asociacións empresariais (a Associação para o Desenvolvimento da Viticultura Duriense de Portugal, e o European Photonics Industry Consortium de Bélxica) e 1 hospital (o Leiden University Medical Center dos Países Baixos).
E cal é a finalidade de Retina? Pois desenvolver un concepto novidoso de LiDAR baseado en PIC altamente escalable, desenvolver xeradores de imaxes espectrais instantáneas para sistemas sensoriais rentables e de alta resolución, establecer técnicas de software innovadoras e servizos para o despregue dunha plataforma de detección baseada en aplicacións fiables e precisas, e apoiar o liderado tecnolóxico do ecosistema fotónico da UE impulsando o crecemento en industrias estratéxicas.
Cómpre sinalar que as solucións introducidas por Retina terán tres aplicacións: identificación de células tumorais e monitoraxe da perfusión sanguínea en cirurxías, na área da saúde; sistemas avanzados de detección de colisións de vehículos ADAS (Sistemas Avanzados de Asistencia ao Condutor) en automoción; e plataformas terrestres e montadas en drons para a viticultura de precisión.
Francisco Díaz Otero, investigador de atlanTTic e líder do proxecto na UVigo, salienta que Retina levará a cabo os seguintes xeradores de imaxes, un sistema LiDAR fotónico integrado nun chip para capturar imaxes en 3D, e sensores de imaxes baseados en Quantum-Dots para aumentar o rango espectral e a sensibilidade á luz.
No marco deste proxecto crearanse dous tipos de sensores distintos desta tecnoloxía que demostrarán as vantaxes da fotónica fronte aos sistemas tradicionais nos que os circuítos electrónicos onde se representa a información se procesan mediante sinais eléctricos a diferenza dos sistemas fotónicos, onde se emprega a luz e son capaces de transmitir e procesar a información dun xeito máis rápido.
Emporiso, o traballo que levará a cabo o equipo do laboratorio QOPHI (Quantum, Communication, Photonics & Integration) de atlanTTic, do que forman parte Francisco Díaz (director do laboratorio), Francisco Soares (director científico), David Álvarez (manager de laboratorio) e Miguel Carbonell Valin (COO), permitirá establecer sinerxías coa coordinación do proxecto e co resto de socios participantes a nivel internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?