Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca na UVigo a IX edición de HackForGood de Telefónica especial centenario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca na UVigo a IX edición de HackForGood de Telefónica especial centenario

S. P.
Publicado: 13/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hack_for_good-2024.jpgA IX edición de HackForGood de Telefónica arrinca este xoves 14 de marzo na Universidade de Vigo, onde reunirá ata o vindeiro sábado 16 a estudantes de diferentes disciplinas para crear solucións tecnolóxicas cun fin social e que contribúan a construír unha contorna máis sostible, inclusivo e dixital.
Durante o encontro, organizado pola Rede de Cátedras Telefónica, Universidade Politécnica de Madrid e Fundación Hazloposible, e que se celebra de forma simultánea en 24 universidades de toda España, os estudantes deberán desenvolver solucións innovadoras baseadas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) de Nacións Unidas, de acordo co lema desta edición Imaxinemos un mundo máis sostible.
Os participantes de HackForGood, que en Vigo desenvólvese co apoio da Cátedra de Telefónica da Universidade de Vigo, dirixida polo catedrático José Cidrás, traballarán en equipos multidisciplinares para desenvolver en tempo récord aplicacións asociadas aos retos sociais propostos. Contarán co mentoring de voluntarios Telefónica para coordinar ao equipo, desenvolver as solucións e xestionar os proxectos.
As solucións máis innovadoras poderán acceder a 7 premios locais, tres xenéricos dotados cun total de 2.000 € e 4 temáticos (Premio Innovación Enerxética e Ambiental, Premio Innovación Social, Premios Innovación e Responsabilidade Social Empresarial e Premio Transformación Dixital), dotados cada un con 500 €.
O xurado valorará a formación de equipos multidisciplinares que inclúan todo tipo de perfís: deseñadores, informáticos, enxeñeiros, técnicos, sociólogos, emprendedores sociais, etc., do mesmo xeito que a creatividade e innovación das solucións propostas, o grao de acabado conseguido durante o hackathon e o seu impacto social.
HackForGood conta con tres niveis de competición: local (gañadores en cada sede) nacional (gañadores nacionais) e unha última, que se celebra meses despois, na que compiten os tres equipos gañadores nacionais e o primeiro equipo gañador de cada sede ou cidade. A dotación dos premios de todas estas categorías ascende a 50.000 €.
Esta iniciativa súmase á celebración do aniversario número 100 de Telefónica, que foron, en palabras da operadora, “100 anos de transformación constante que permitiron a Telefónica pasar de ser unha provedora de servizos de voz a unha compañía tecnolóxica preparada para os desafíos do mundo dixital con vocación de conseguir un impacto positivo e facer o noso mundo máis humano conectando a vida das persoas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?