Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN presentou en Bruxelas as estratexias autonómicas para atraer talento científico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN presentou en Bruxelas as estratexias autonómicas para atraer talento científico

S. P.
Publicado: 14/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240314foroinvestigadores.jpgGAIN presentou esta mañá a súa estratexia para a atracción, retención e retorno do talento científico aos asistentes ao I Foro de Investigación Galega no Estranxeiro (FIGAE), que se celebrou en Bruxelas organizado por Investigal, a Rede Galega pola Investigación, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) e co apoio da Embaixada de España en Bélxica.
A primeira edición de FIGAE reuniu preto de 50 investigadoras e investigadores de orixe galega que desenvolven a súa carreira profesional no exterior, co obxectivo de establecer un punto de referencia que permita intercambiar ideas e establecer relacións entre o persoal investigador no estranxeiro e o afincado en Galicia; dar a coñecer a investigación que está a realizar este colectivo e manter o seu contacto con Galicia co obxectivo de desenvolver unha carreira na Comunidade. Así mesmo, FIGAE serviu para dar a coñecer o ecosistema galego de I+D+i, representado pola Xunta, as universidades galegas e outros axentes e visibilizar as oportunidades de retorno de talento.
Durante o evento, GAIN participou nunha mesa redonda sobre a estratexia de política científica, xunto a representantes da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo. Nesta intervención déronse a coñecer as distintas iniciativas de atracción do talento do ecosistema galego de I+D+i. Ademais desta mesa redonda, organizáronse outros relatorios como Oportunidades de financiamento do ERC, a cargo de José M. Fernández de Labastida, xefe do Departamento Científico do European Research Council (ERC) e unha charla coloquio sobre igualdade, internacionalización e carreira investigadora.
Durante as dúas xornadas de FIGAE leváronse a cabo varias charlas divulgativas sobre os proxectos científicos que desenvolve a comunidade investigadora galega no exterior. A clausura correu a cargo de Felipe Criado, director do INCIPIT (CISC) e Premio Nacional de Investigación, quen explicou os avances do proxecto XSCAPE, un estudo das interaccións entre o cerebro preditivo, os artefactos culturais e a exploración visual, que obtivo unha Synergy Grant.
No dito marco GAIN destacou iniciativas de atracción de talento como o decreto que regula a organización, a promoción e a carreira profesional do persoal de investigación nos organismos de investigación dependentes da Administración galega, unha norma que en palabras da axencia “ofrece un marco laboral estable e atractivo para este colectivo, mellorando e homoxeneizando as condicións destes profesionais e creando unha senda de desenvolvemento profesional para o persoal de investigación”.
Así mesmo, o Programa Oportunius ofrece oportunidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do ERC e reforzando as opcións de acceso ás mesmas. Esta iniciativa conta coa colaboración do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Desde a súa posta en marcha, Galicia conta con 38 proxectos financiados polo ERC, todos eles apoiados polo Programa Oportunius, e dos cales 17 foron contratados como persoal investigador distinguido Oportunius. Ademais, está previsto que a Xunta resolva unha nova contratación e convoque tres prazas máis no marco desta iniciativa na primeira metade de 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?