Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CITIC Cyber Competition puxo a proba as habilidades en ciberseguridade de máis de 150 estudantes de toda España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CITIC Cyber Competition puxo a proba as habilidades en ciberseguridade de máis de 150 estudantes de toda España

S. P.
Publicado: 15/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_entrega-premios-talento-ciber.jpg_239461616.jpgEste xoves 14 de marzo celebrouse no CITiC o evento TalentoCibeR e máis a competición de ciberseguridade CITIC Cyber Competition (C3TF), no que participaron 157 estudantes de toda España repartidos en 40 equipos que competiron entre si nas instalacións do CITIC (Centro de Investigación TIC) da UDC, desde atlanTTic en Vigo e en formato en liña.
A competición desenvolveuse en formato Capture The Flag (CTF), de modo que os estudantes de Formación Profesional, Bacharelato e universitarios tiveron que resolver máis de vinte retos diferentes en ciberseguridade e, no menor tempo posible, “capturar a bandeira”. Estes retos foron desenvolvidos por Martiño Ribeira, Rubén Pérez, Julián González e David Soler, investigadores do CITIC da área de ciberseguridade.
Ao longo de catro horas, os equipos enfrontáronse a máis de 20 retos relacionados con diversas temáticas que abranguían unha ampla gama de áreas da seguridade informática, como criptografía, esteganografía, análise forense, enxeñería inversa, hacking de aplicacións web ou explotación de vulnerabilidades, entre outros.
Os tres equipos gañadores foron premiados con 1.000€, 700€ e 400€ cada un. O equipo The High Sleuths formado por Adrià Pérez, Jesús Mosteiro, Jonathan Pichel, Jorge García e Toni Molina foi o que obtivo máis puntuación; o segundo premio logrouno o equipo XORprecha formado por Carlos Flethes, Esteban Segura, Ismael Melchor, José Antonio Díaz e Pedro José Navas. O terceiro premio recaeu en Todo o mundo saltando por Marta no seu cumpre, integrado por Diego Fernández, Inés Martín e Jesús Parra.
A entrega de premios contou coa participación de Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña; Alfredo Ramos, director de R e grupo MASMOVIL en Galicia; Ana Fernández, directora da Cátedra R na Universidade de Vigo; e Carlos Dafonte, director da Cátedra R na Universidade da Coruña.
talento-ciber-citic-3.jpg_2063069239.jpg TalentoCibeR
A CITIC Cyber Competition (C3TF) celebrouse no marco da primeira edición do evento TalentoCibeR, nacido co obxectivo de dar visibilidade ao talento en ciberseguridade de Galicia e, ao mesmo tempo, fomentar novas vocacións a través do achegamento entre empresas e estudantes. Para iso, organizáronse dous talleres prácticos, que tiveron lugar simultaneamente, e unha mesa coloquio.
O taller dirixido por Manuel García González, arquitecto de seguridade sénior de Microsoft, enfocouse na xestión de licenzas na suite de Microsoft 365 E5. Os asistentes ao obradoiro O inicio do procedemento forense informático aprenderon como obter evidencias forenses en dispositivos como ordenadores ou móbiles, utilizando hardware e software. Foi impartido por Rafael López García, profesor do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.
Tras estas actividades, celebrouse o coloquio Empregabilidade e saídas profesionais de ciberseguridade, na que participaron Manuel García, de Microsoft Spain; Alfredo Ramos, director de R e grupo Masmovil en Galicia; Iago Fortes, director executivo de Inprosec e Antonio Fernandes, responsable de ciberseguridade de FINSA.
TalentoCibeR e a terceira edición da CITIC Cyber Competition (C3TF) foron organizados polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) en colaboración co Centro de Investigación atlanTTic da Universidade de Vigo (UVigo), e patrocinado pola Cátedra R en Ciberseguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?