Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno e a Deputación da Coruña examinaron o proxecto Coruña Estudio Inmersivo (CEI)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno e a Deputación da Coruña examinaron o proxecto Coruña Estudio Inmersivo (CEI)

S. P.
Publicado: 18/03/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_coruna_cei_goberno_reunion.jpgO pasado xoves, 14 de marzo, reuníanse a deputada de Industria e Emprego, Rosa Ana García, Francisco Javier García Vieira, director de Red Iris e Servizos Públicos Dixitais e María Rancaño, directora adxunta de Servizos Públicos para o seguimento do proxecto EDAGA, programa de axudas no eido da sociedade da información para a creación dun ecosistema dixital no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiado con fondos do Plan de Recuperación Next Generation EU e fondos propios da Deputación.
E cal é o obxectivo deste programa de axudas? Pois facer máis doado o desenvolvemento de proxectos encamiñados a reforzar as infraestruturas do ecosistema dixital no sector audiovisual facilitando a creación, distribución e manexo da información e a tecnoloxía máis avanzada polas empresas do sector audiovisual, e apoiando a creación ou mellora de espazos para a innovación dotados con tecnoloxía avanzada que permitirán que as pemes do sector audiovisual poidan superar as súas barreiras dixitais e emprender os seus proxectos.
Grazas a este proxecto, a entidade provincial quere impulsar o sector audiovisual galego, pola súa achega á economía, á identidade cultural galega e á proxección de Galicia e España no exterior, dotando tecnicamente un estudio virtual de última xeración de 750 m², que o situará na vangarda internacional no dito ámbito, que permitirá potenciar o nivel competitivo das empresas do audiovisual galego e que servirá para atraer empresas e talento á comunidade.
O proxecto trata de impulsar a creación dunha infraestrutura e a dotación do equipamento dixital necesario para converter a Galicia e á provincia da Coruña nun polo audiovisual de referencia a nivel nacional.
No desenvolvemento deste proxecto, estase a contar coa tecnoloxía máis avanzada en produción audiovisual virtual, potenciando e mellorando a competividade das empresas galegas do sector.
A construción elevada sobre o terreo natural, medrando a súa altura cara a fachada sur, permite ventilar o forxado da andar baixo, reducir a humidade, a condensación e, ademais, xerar unha barreira contra o radon. Isto tamén posibilita crear un andar de soto na parte sur sen necesidade de escavar. Como eixo desta infraestrutura contase cun patio central que servirá como nexo de unión entre os dous bloques e arredor do que se disporán dous espazos en forma de L vinculados ao plató virtual, no que se disporán os diferentes usos.
Cómpre engadir que se atenderán a criterios de sustentabilidade, como exemplo: a fachada sur está protexida da radiación solar no verán, pero no inverno permite que esta radiación incida sobre as carpintarías axudando a temperar o interior.
Asemade, faise fincapé no uso de cubertas vexetais con sedum (plantas autóctonas que non precisan mantemento e recuperan a auga) coma estratexia de aproveitamento da ventilación natural, introducindo un sistema de almacenamento e reciclaxe da auga da chuvia. Outro punto importante é o emprego de paneis fotovoltaicos que permitan satisfacer ata un 80% da demanda de electricidade dos edificios.
Rematadas as obras do edificio, procederase á instalación dos sistemas de pantallas LED, cunha pantalla semicircular de 28 metros de longo e resolución 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, coa que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade. Este sistema de pantallas irá emprazado nun gran escenario de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio.
A combinación dos sistemas de escenografía virtual VR/AR/XR e pantallas LED cos que contará o plató virtual posibilitarán aos produtores de cinema e televisión a creación de contornas virtuais altamente detalladas e realistas que achegarán unha experiencia inmersiva ao espectador e que posibilitarán a creación de contido interactivo e de realidade aumentada de xeito que os actores poidan interactuar cos elementos virtuais en tempo real.
Subliñar que este proxecto suporá o posicionamento estratéxico de Galicia dentro do Plan España, Hub audiovisual de Europa, dotado con máis de 1.600 millóns de euros de orzamento ata 2025, que vai destinado a transformar o ecosistema audiovisual do país, impulsar a súa Internacionalización e competencia nos mercados internacionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?