Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno quere levar a banda larga a todos os núcleos rurais de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno quere levar a banda larga a todos os núcleos rurais de Ourense

S. P.
Publicado: 18/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240313_baxeles.jpgNa mañá do mércores 13 de marzo o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, acudía ao Concello de Vilamartín de Valdeorras para atoparse co alcalde, Enrique Álvarez, e a veciñanza de Baxeles para estudar os proxectos estatais neste municipio, amosar colaboración interinstitucional e escoitar as peticións do alcalde e da Corporación municipal do Concello. Asemade, anunciou que Ourense é a terceira provincia con menor número de permisos pendentes en España referentes ao Plan ÚNICO onde o prazo de resolución é inferior a 120 días. Isto, apuntou, “reflicte a continua axuda e colaboración entre a Subdelegación do Goberno de Ourense e o xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións de Ourense, Enrique San Martín”.
Subliñar que este programa é fundamental para pechar a fenda dixital xeográfica e afrontar o desafío demográfico de construír unha sociedade máis inclusiva. No caso da provincia de Ourense é “de especial relevancia por mor do grande número de zonas rurais que ao longo dos anos se viron afectadas pola continua migración cara aos centros urbanos”, sinalaron, engadindo Emilio González que “dende o punto de vista territorial a provincia de Ourense está moi dispersa en canto a núcleos de poboación e estamos a facer un esforzo importante para solucionar os problemas. O obxectivo do Goberno é que o medio rural teña a mesma comunicación e que poida ter zonas máis poboadas. Por iso, no reto demográfico estamos a tentar dalgunha maneira romper esa fenda dixital e comunicacional e iso é o que faremos aquí para impulsar unha solución axeitada para os nosos veciños e veciñas canto antes”.
Acadar unha cobertura de banda larga de 100 Mbps para o 100% da poboación en 2025 é un dos obxectivos no ámbito da conectividade dixital, o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e a Axenda España Dixital. “Hai un obxectivo de chegar a todos os núcleos rurais de España e da provincia”.
O subdelegado do Goberno e o xefe provincial da Inspección de Telecomunicacións de Ourense, Enrique San Martín, informaron aos veciños de Baxeles do Plan Único de Demanda Rural como medida alternativa que concede o Goberno a casos particulares como este de especial dificultade e o compromiso do goberno de instalar Fibra Óptica antes de finais de 2024.
No encontro do pasado mércores aproveitouse tamén para falar doutros aspectos da localidade de Baxeles como as obras de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética (a través do programa DUS5000, financiado cos fondos do Plan de Recuperación) deseñado para que os municipios máis pequenos poidan afrontar melloras para a veciñanza e que doutro xeito non estarían en condicións de executar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?