Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HackForGood distingue unha proposta de enerxía sustentable duns estudantes da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HackForGood distingue unha proposta de enerxía sustentable duns estudantes da UVigo

S. P.
Publicado: 18/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bach-e_uvigo_hackforgood.jpgDo 14 ao 16 de marzo máis de medio centenar de estudantes distribuídos en 12 equipos de diferentes titulacións da Universidade de Vigo competiron creando solucións de innovación social baseadas nos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU (ODS) na IX edición de HackForGood de Telefónica, impulsada pola Rede de Cátedras de Telefónica.
O gañador deste certame foi o equipo BACH-E e o seu modelo de resalto capaz de aproveitar a enerxía dos vehículos por estrada para xerar electricidade. O segundo e terceiro premio foron para Soil4Good, unha aplicación web para mellorar a sustentabilidade e produtividade dos cultivos agrícolas, e Neuro-Bridge, un dispositivo neuronal para a recuperación de persoas con mobilidade.
bach-e_uvigo_hackforgood_2.jpg Os tres equipos, que foron galardoados cun premio de 1.000, 600 e 400 euros, respectivamente, disputarán agora a fase nacional do hackaton, na que competirán xunto aos tres mellores proxectos elixidos en cada certame local, celebrados simultaneamente en 16 cidades de toda España e nas que participaron un total de 25 universidades.
Indo á proposta gañadora, BACH-E, salientou polo novo uso que achega aos resaltos viarios e que expón un novo método de desenvolvemento de enerxía sustentable e ata agora non aproveitada, que podería ser de gran utilidade en contornas rurais ou con escasa iluminación. Conségueo a través dun sistema mecánico que é capaz de xerar rotación, grazas ao peso do vehículo, e transmitila a un xerador eléctrico para producir enerxía. Segundo as súas estimacións, só coa implantación desta innovadora solución en 20 badéns dalgúns dos viarios máis transitados da cidade de Vigo poderíase xerar enerxía abonda para alimentar durante un ano 170 farois LED. Pola súa banda, Soil4Good presenta unha aplicación web para dispositivos móbiles e navegadores, con diferentes funcionalidades para grandes e pequenos agricultores, que lles permitiría consultar e xerar informes de calidade do chan ou consellos para xestionar de xeito eficiente o chan e a auga dos cultivos, entre outras. En canto a Neuro-Bridge, achega un dispositivo neuronal a medida e pensado para ser prescrito por un facultativo e baixo demanda, para a recuperación de persoas con mobilidade reducida.
bach-e_uvigo_hackforgood_3.jpgAsemade, na IX edición de HackForGood de Telefónica tamén se outorgaron catro premios temáticos, dotados cada un con 500 euros. No equipo Phykos recaeu o premio á Innovación Enerxética e Ambiental, coa súa proposta para reducir a pegada de carbono a través da utilización de granxas de algas para limpar a atmosfera; Cultivando Benestar Social levou o premio de Innovación Social, coa creación dun novo concepto de centro social que favorece a reinserción laboral de persoas con escasos recursos e problemas de acceso aos alimentos, a través da creación de hortos sustentables e inclusivos; Byte Busters, fíxose co premio de Innovación e Responsabilidade Social Empresarial, coa súa proposta para empregar a tecnoloxía RFID para mellorar a xestión da despensa nos fogares e reducir o desperdicio de produtos; e Clean Forest, levou o premio de Transformación Dixital, coa súa innovadora solución para revitalizar parcelas forestais abandonadas ou en desuso, xerando os créditos de carbono que as empresas precisan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?