Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello da Coruña instala cámaras avanzadas de seguimento nas zonas de carga e descarga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello da Coruña instala cámaras avanzadas de seguimento nas zonas de carga e descarga

S. P.
Publicado: 19/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camaras_carga_descarga_coruna.jpgO Concello da Coruña vai empregar dispositivos tecnolóxicos avanzados para controlar as zonas de carga e descarga. Farao a través de oito cámaras que lle permitirán obter información detallada sobre o tráfico de mercadorías da cidade e garantir o uso correcto dos ditos espazos. Os dispositivos forman parte do plan de renovación do CiMob (Centro Integral de Mobilidade) posto en marcha polo Goberno de Inés Rey, que contou cun investimento total de 6 millóns de euros (procedentes de Fondos Next Generation) para a mellora do control e planificación da mobilidade urbana.
O sistema de control e monitoraxe da carga e descarga comezou cun primeiro programa piloto na zona da rúa Alfredo Vicenti coa avenida de Fisterra, facendo unha primeira proba do seguimento do tráfico na distribución de mercadorías. A este dispositivo súmanse agora sete novos puntos de control.
Xunto coa de Alfredo Vicenti, instálanse tres novas cámaras en zonas de carga e descarga xa existentes. Unha no Mercado de Elviña, outra na praza do Conservatorio e outra na rúa Jerónimo Vázquez Franco nº3, no alto de Eirís. A elas súmanse outros catro dispositivos localizados en zonas de carga e descarga de nova creación. Unha na praza de Vigo, xunto ao Rexistro Civil; na rúa Sinfónica de Galicia con Juan Flórez, outra na rolda de Monte Alto, no cruzamento con avenida de Navarra; e unha última na rúa Almirante Cadarso con Paseo de Rolda.
A instalación contou cun investimento total de 386.297 euros para o subministro e montaxe das cámaras xunto coa aplicación informática necesaria para o seu correcto funcionamento. Os novos dispositivos enviarán información en tempo real ao CiMob do uso das prazas reservadas para operacións de carga e descarga que será posteriormente revisada e valorada polo persoal municipal, que poderá sancionar a quen ocupe esas prazas sen estar habilitado.
O Concello explica que “o control das zonas de carga e descarga responde a unha demanda dos comerciantes e transportistas, que moitas veces atopan que os lugares reservados para desenvolver o seu traballo están ocupados por vehículos incorrectamente estacionados”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?